Na pasada semana, logo de solicitado por rexistro, o concelleiro de Persoal atendeu aos representantes do Comité de Empresa. Entre os temas polos que se lle preguntou ao Concello estiveron os seguintes:
Relación de Postos de Traballo
Ante o anuncio na prensa da intención do goberno municipal de aprobar os orzamentos correspondentes ao ano 2016 o Comité de Empresa preguntoulle ao Concello por esta cuestión e lembroulle que a finais do pasado ano o propio concelleiro de Persoal, Diego Fernández, reuniu a Mesa Xeral de Negociación para lle comentar a inminencia da contratación dunha empresa privada co inicio do novo ano para a elaboración da RPT. Camiño de marzo e cun anuncio dos orzamentos de 2016 seguiamos sen información sobre a nova RPT nin a empresa nin a contratación nin nada de nada, ata que o goberno municipal nos sorprende con que pretende aprobar os orzamentos sen modificar a RPT, é dicir, máis un ano seguiremos coa de 2008 (e van oito anos!) a costas e que ao longo deste ano se comezará con ese traballo, é máis especificou que estaba a informar a Intervención municipal a privatización da elaboración da RPT e que proximamente é posible que o concurso de fixese público.
Con respecto a este punto consideramos que a aprobación do orzamento sen a RPT é máis un erro por parte do goberno municipal porque o capítulo de persoal é no que van orzamentados os gastos de persoal e consideramos unha perda de tempo continuar a traballar en base a un instrumento de ordenación do cadro de persoal tan sumamente desfasado e que cada día que pasa se corresponde menos coa realidade laboral polas continuas modificacións de condicións laborais e mesmo de posto de traballo a que o Concello está a someter ao persoal sempre verbalmente e que bnon conste nada por escrito para ir facendo paseniño, sen ruído e á marxe da lei o que lle vai ben, e lle peta en cada momento.
Convenio colectivo
O vindeiro mes cúmprese un ano da sinatura do convenio colectivo que tanto buliu en período preelectoral e que tanto se demorou no período logo das eleccións municipais. A preocupación do Comité de Empresa e dos propios compañeiros e compañeiras medra a día pola demora da aprobación dun texto que supoñía un pequeno paso adiante na equiparación de laborais e funcionarios. Certo é que agora mesmo o convenio está para ser informado de novo na Xunta mais non é menos certo que administrativamente o convenio estivo paralizado nas oficinas municipais demasiado tempo o que provocou que un ano despois da súa sinatura sigamos a voltas co tema. Con respecto a este tema o concelleiro de Persoal indicou que o Concello chamaría á Xunta para preguntar polo estado da cuestión e informaría de novo ao Comité.
Paga extra pendente do ano 2012
O Comité de Empresa tamén lle preguntou ao concelleiro de Persoal cando ten previsto o Concello pagar a metade da paga extra que adebeda e a pesar de que as expectativas do ano pasado eran pagala canto antes agora o previsto é que se pague cando se aprobe o orzamento do ano 2016, no que, segundo indicou, xa vai prevista esa parte da paga. Non obstante, os representantes dos traballadores preguntaron que pasaría coa paga adebedada no caso de que os orzamentos tardasen en aprobarse ou mesmo non se aprobasen e Diego Fernández dixo que o Concello faría unha modificación de crédito. A intención, segundo comentou o goberno municipal, é que orzamentos 2016 vaian ao pleno do mes de marzo, non obstante, polo momento, a Mesa Xeral de Negociación non foi convocada para negociar o capítulo 1.
Compensación do 24 e 31 de decembro con dous días adicionais de asuntos propios
Aínda está pendente a resolución da alcaldía para a compensación dos dias 24 e 31 e o Comité trasladoulle ao Concello a necesidade de que se faga cantos antes de cara a poder planificar mellor os días libres os distintos departamentos. Con respecto a este punto Diego Fernández indicou que a resolución da alcaldía xa estaba feita polo que entendemos que proximamente se debería dar traslado ao persoal do comunicado que ampliaría os días de asuntos propios a 8, mais os correspondentes por antigüidade recuperados recentemente.

Axudas sociais
Finalmente a previsión é que se paguen esgotando o prazo e coa nómina de marzo e polo que nos dixo o concelleiro, a pesar de non ofrecer datos concretos, a partida orzamentaria é posible que non chegue un ano máis e haxa unha redución nas contías concedidas, non obstante estase pendente das reducións proporcionais aos meses traballados, e, en función diso saberase se hai redución ou non. Con respecto a isto os delegados do persoal laboral insistiron na necesidade de que o goberno comece a negociación dunhas novas bases de axudas sociais que levan cinco anos comprometidas mais que non se dan materializado; o propio concelleiro concordou co Comité en que resulta inxusto que se repartan por igual as contías das axudas cando as diferenzas salariais son tan evidentes e que deberían repercutir nos traballadores que máis o precisan.
Ademais destes temas o Comité trasladoulle algúns outros como diferentes problemas cos últimos contratos, o feito de que nuns se recolla o horario laboral e noutros non ou que modificar as condicións do posto que se substitúe pode traer diferentes consecuencias á hora de rescindir os contratos. Na reunión tamén se falou de diferentes problemas relacionados con criterios distintos á hora de tramitación das solicitudes por parte do persoal e os delegados transmitíronlle ao Concello a necesidade de haxa un tratamento igual para todo o persoal á hora de tramitar calquera tipo de solicitude e non un criterio ou outro en función de quen queira tramitar algo, que haxa quen o pode facer verbalmente e solucione os problemas mentres que a outros se lles requira solicitar solución polos procedementos comúns na Administración cando o procedemento debe ser o mesmo para todo o persoal e o legalmente establecido en cada caso, do contrarioo goberno local estaría incorrendo en discriminacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario