Este venres o presidente do Comité de Seguridade e Saúde, Diego Fernández, convocou a reunión extraodinaria do Comité de Seguridade e Saúde para a aprobación do regulamento de funcionamento ás 09:30 h da mañá na Sala de Xuntas do Liceo..
Hai que lembrar que o Comité foi constituído o 26 de decembro e que naquel momento acordouse convocar unha reunión extraordinaria para aprobar un regulamento de funcionamento, logo de que a presidencia recaera no Concello e a secretaría na parte social. A comezos do pasado mes de decembro os delegados de prevención da CIG enviaron unha proposta de regulamento e a finais do pasado mes de xaneiro, mes e medio despois, o concelleiro de Persoal enviou unha contraproposta do Concello. É obvio que a contraproposta ten como base o traballo realizado polos delegados de prevención da CIG mais á que lle modifican varios puntos cos que o Concello parece non estar de acordo e que se negociarán na reunión do vindeiro luns. Non obstante, consideramos que esta inicitiva é importante porque dotármonos dun regulamento suporá unha menor flexibilidade en todo o que ten a ver coas reunións do máximo órgano relacionado coa saúde laboral e a prevención de riscos no Concello
Hai que destacar que a reunión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde xa terá que ter lugar nas próximas semanas e aí é onde se deberían tratar os temas pendentes e que o Concello quedou en que botarían a andar a comezos deste ano 2016.
Ningún comentario:
Publicar un comentario