Sentenza
O
Tribunal Superior de Xustiza (TSJ) de Madrid responsabilizou a unha
mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais por
"perda de oportunidade" motivada do erro de diagnóstico
que sufriu unha traballadora. A sentenza considera probado que a
mutua considerou que as dores nas costas que padecía, consecuencia
dunha caída, eran froito da lumbalxia que padecía desde facía 15
anos.
En
decembro de 2010, a demandante escorregou cara atrás no seu centro
de traballo, producíndose lesións no pescozo e costas así como nos
brazos. Os facultativos da súa mutua centraron á atención nas
dores das costas e descartaron posible patoloxía no pescozo. En
xaneiro de 2011, realizóuselle unha resonancia magnética na zona
lumbar. Como resultado, os facultativos confirmaron que se trataba
dunha "enfermidade dexenerativa", xa que a paciente padecía
lumbalxias dende había 15 anos.Así pois a mutua deulle o alta e
derivou á traballadora ao seu médico da Seguridade Social que, o 27
de xaneiro de 2011, procedeu a darlle a baixa. A traballadora acudiu
a unha clínica privada onde se lle realizou unha resonancia
magnética cervical, na que se evidenciou unha "hernia
discal cervical voluminosa C-5 e C-6", que provocaba compresión
medular e que precisaba dunha intervención cirúrxica, (realizada en
novembro de 2011, logo de meses sin diagnóstico nin tratamento).
A
sentenza indica que no informe pericial achegado pola mutua faise
constar un "diagnóstico de cervicalxia" pero só se
practicou unha resonancia limitada á "columna lumbar". O
Tribunal estima que existiu unha "perda de oportunidade"
que implica que a enfermidade que padece "non foi diagnosticada
oportuna senón tardíamente". O fallo lembra que a perda de
oportunidade concrétase no "grao de incerteza que rodea a unha
determinada actuación médica para constatar en que medida se evita
un resultado lesivo, atendida a gravidade do dano".
A
sentenza, que é firme, concede unha indemnización 10.000 euros; o
fallo considera como dano indemnizable "o atraso entre o día no
que a mutua debeu facer unha resonancia magnética na zona cervical e
a data na que acudiu ao centro privado"; as cantidades
indemnizadas son moi inferiores ás solicitadas pola reclamante xa
que, segundo o Tribunal, esta "acudiu á mediciña privada e non
permitiu que a sanidade pública indagase sobre a orixe da súa
doenza".
Ningún comentario:
Publicar un comentario