Traballadores/as
maiores de 55.
No
ano 2013 a Comisión Europea pechou un acordo de delegación con
EU-OSHA para a realización dun proxecto sobre a seguridade e saúde
dos traballadores maiores. A posta en marcha desta iniciativa, indica
a preocupación das institucións europeas por un tema que en breve
non deixará indiferente a ningún sector da sociedade: como combinar
o envellecemento da poboación traballadora co forzado alongamento da
vida laboral que tanto as empresas como os traballadoras e
traballadores e teremos que asumir.
A idade no foco de atención das institucións da UE
Segundo
datos que proporciona a propia EU, no horizonte de 2030 sobre un 30%
dos traballadores/as de moitos estados da zona euro terán entre 55 e
64 anos. Coas medidas de retraso na idade de xubilación, a
porcentaxe total dos traballadores e traballadoras maiores de 55 será
sen dúbida maior.
No
ano 2013 a Comisión Europea pechou un acordo de delegación con
EU-OSHA para a realización dun proxecto sobre a seguridade e saúde
dos traballadores maiores. A posta en marcha desta iniciativa, indica
a preocupación das institucións europeas por un tema que en
breve non deixará indiferente a ningún sector da sociedade: como
combinar o envellecemento da poboación traballadora co forzado
alongamento da vida laboral que tanto as empresas como os
traballadoras e traballadores e teremos que asumir.
Esta
nova perspectiva que se presenta precisa dunha reflexión profunda e
dunha preparación axeitada no marco das relacións laborais e da
seguridade e saúde no traballo.
O
incremento da idade de xubilación alongará a vida laboral e
aumentará tamén a exposición dos traballadores e traballadoras aos
perigos presentes no seu traballo poñendo de manifesto unha serie de
novas necesidades en materia de seguridade e saúde.
“Lugares de traballo saudables en cada idade”
É
a actual Campaña da Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no
Traballo “ unha campaña bienal (2016-17) que aborda esta
cuestión cos seguintes obxectivos:
- Promover un traballo sustentable no tempo e un avellentamento saudable da poboación.
- Resaltar a importancia da prevención e evitar os problemas de saúde ao longo de toda a vida laboral.
- Asesorar a empresarios/as (incluídas as pequenas empresas) e traballadores/as proporcionando información e ferramentas útiles de xestión da seguridade e saúde no contexto do avellentamento da poboación traballadora.
- Facilitar o intercambio de información e fomentar as boas prácticas nesta área de traballo
Este
proxecto que iniciou hai pouco a súa andaina pública, concretamente
o 15 de Abril de 2016, contará con varias vías de
investigación entre as que estará o estudo das estratexias que
están a seguir empresas que xa están orientando a súa
actividade preventiva neste contexto así como as políticas e
programas de estados, tanto membros da UE como non membros,
neste eido.
Outro
aspecto a ter en consideración deste traballo, sobre todo en
relación a resultados obtidos, será ver cómo encaran gobernos de
diferentes estados a estimulación da posible volta ao traballo logo
de longos períodos de inactividade, derivados tanto de situacións
de enfermidade como de desemprego , tendo en conta os cambios nas
estruturas produtivas e nas capacidades da poboación traballadora
que se pretende recolocar no mercado laboral.
A
campaña dispón dun portal web no que se expón en profundidade o
problema, os seus obxectivos, as ferramentas e publicacións
dispoñibles, foméntase á participación e se facilita información
de distintos eventos e novas relacionados con esta materia.
Unha
das ferramentas que xa está a disposición dos usuarios é a guía
electrónica “Lugares
de traballo saudables en cada idade”.
Actualmente
atópase en inglés pero co tempo será “multilingual”.
Aborda
o tema da xestión da seguridade e saúde no traballo no contexto
dunha poboación traballadora de maior idade, buscando en última
instancia:
- Crear lugares de traballo seguros e sans para traballadores e traballadoras de todas as idades.
- Asegurar que as persoas poden chegar ao fin da súa carreira profesional en bo estado de saúde.
Proporciona
información práctica, consellos e exemplos relacionados coa
poboación traballadora de maior idade e as oportunidades que trae
consigo. Tamén amosa como se poden enfocar no traballo os desafíos
relacionados coa idade.
A
guía está estruturada entorno a catro temas nos que se presentan
diferentes aspectos do avellentamento da poboación traballadora e
ofrecen ao respecto elementos de información sobre as súas
peculiaridades e indicacións para unha xestión da seguridade e
saúde axeitadas.
En
cada sección inclúense ademais exemplos de boas prácticas e
enlaces que permiten afondar máis nos distintos temas.
Os
catro temas son os que seguen:
- Avellentamento e traballo
- Lugares de traballo saudables para cada idade
- Promover hábitos saudables nos lugares de traballo
- A volta ao traballo
Por
outra banda, os contidos da guía están pensados para catro tipos de
potencias lectores:
- Empresarios e empresarias
- Traballadores e traballadoras
- Profesionais de recursos humanos
- Profesionais da seguridade e saúde no traballo (incluídos representantes dos traballadores, técnicos e inspectores)
A
información está adaptada a cada un destes catro perfís pero o
acceso é totalmente libre a cada un deles e pódese cambiar dun
perfil a outro en calquera momento.
A
guía é de recente creación e polo de agora non está completa,
entendemos que é un elemento en evolución que ofrece unha boa
posibilidade de acceso a información estruturada e fácil de
localizar sobre esta materia.
Pódese
acceder á guía a través do enlace que
segue: http://eguides.osha.europa.eu/
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario