Logo de que o pasado 29 de abril o Concello de Betanzos publicase no BOP a aprobación inicial dos orzamentos do ano 2016, a CIG, tal e como anunciara, presentou alegacións en tempo e forma de cara a que o Concello aclare unha serie de cuestións, toda vez que o concelleiro de Persoal se negou a negociar na Mesa Xeral de Negociación previa ao Pleno de aprobación dos orzamentos e non lle achegou a documentación que se solicitou que acredite de onde veñen varios dos criterios retributivos que veñen nas bases de execución do orzamento.
A Sección sindical da CIG lembroulle ao goberno municipal que se engade ao capítulo de gastos de persoal unha nova praza, a de patrón de
tráfico interior e dótase dunhas retribucións arbitrarias xa que
se descoñece o procedemento para chegar á súa cuantificación e
sen respectar os procedementos legalmente establecidos. Entre outras cousas, solicítalle o seguinte, logo de explicar cada un dos problemas que se atoparon:
1. Que se corrixan deficiencias, que se subsanen os erros indicados, que
o Concello faga público o manual do criterio de asignación dos
niveis de complemento de posto e que lle asigne o devandito nivel a
todos os postos de persoal laboral, que deben ter un dos 15 niveis de
complemento de posto e a maiores explicar o motivo da asignación dun
ou doutro complemento ás distintas prazas e a todas en igualdade de
condicións. Así mesmo, que se determinen as retribucións
complementarias polos procedementos legalmente establecidos.
2. Que
se especifiquen os criterios de asignación de complementos
específicos para aqueles postos que non están contemplados na
Relación de Postos de Traballo mais que na actualidade si que cobran
o devandito complemento.
3. Que
se publiquen os criterios de asignación do complemento persoal, que
o Concello informe e negocie as subas salariais deste complemento, e
que se procure unha fórmula para evitar este agravio discriminatorio
duns traballadores con respecto a outros.
4. Que
non se modifique o sistema retributivo sen que haxa un acordo
colectivo, a maiores que o Concello entregue a documentación e os
informes con base aos que se toman este tipo de decisións que
afectan á retribucións do persoal e que non veñen sinaladas no
convenio colectivo.
5. Que o Concello utilice os mesmos criterios de retribución ocasional
polo desempeño de funcións superiores en vacacións, baixas etc
para o persoal laboral e o funcionariado, do contrario isto supón un
agravio discriminatorio en función da relación contractual dos
traballadores e que adapte as bases ao convenio colectivo e o acordo
regulador en trámite, tendo en conta que estes criterios xa foron
acordados cos traballadores e con posterioridade aprobados polo
pleno, polo que a exclusión desta casuística suporía unha
regresión con respecto ao xa acordado cos representantes dos
traballadores.
6. Que
o Concello unifique e especifique os criterios de contratación,
creación de prazas e cobertura de vacantes para este exercicio 2016
e free o proceso de privatización dos servizos esenciais e
prioritarios do Concello de Betanzos.
En resumo, quixemos deixar constancia de
que a documentación achegada polo goberno municipal non é
suficiente para xustificar os criterios reflectidos nas bases de
execución e relacionados coas retribucións do persoal laboral en
diversos casos, tal e como sinalamos polo miúdo con anterioridade, e
que semellan unha simple interpretación unilateral e non negociada
por parte do goberno de aplicación do sistema de retribucións
indicado no convenio colectivo vixente.
Tamén cómpre
sinalar que entendemos que o Concello debe cubrir as baixas e
vacantes necesarias para que os servizos sigan sendo públicos e de
calidade, así como o fai cando o considera necesario, como é o caso
da contratación do pratrón, tamén o debería facer con respecto ao
resto dos servizos que na actualidade ten privatizados ou están en
proceso de privatización.
E finalmente, tendo
en conta que existe un novo convenio colectivo para o persoal laboral
xa acordado pola Comisión Negociadora do Convenio Colectivo e
aprobado polo Pleno da Corporación en abril de 2015, pendente de
entrar en vigor, entendemos que estes orzamentos 2016 deberían
reflectir a partida orzamentaria suficiente para a aplicación do
devandito convenio colectivo e as retribucións previstas no
documento, de cara a que non haxa que realizar modificacións
orzamentarias unha vez que este entre en vigor.
Unha vez presentadas as alegacións, decidimos enviarllas a todos os partidos da oposicións, PP, BN, BNG e CXB, tendo en conta que as alegacións deberán ser resoltas polo pleno da corporación. En función de como sexan resoltas estas alegacións seguiremos dando os pasos que consideremos oportunos.
Podedes consultar as alegacións aquí:
Podedes consultar as alegacións aquí:
Ningún comentario:
Publicar un comentario