Logo de que a CIG solicitase a constitución da Comisión paritaria de Igualdade e de que a concelleira de Igualdade comunicara que non habería problema en constituíla, a sección sindical da CIG vén de achegar por rexistro a pasada semana unha proposta de regulamento para a devandita Comisión.
Desde a Sección sindical da CIG consideramos que é un momento interesante para constituír este organismo de cara a que a se inicie o proceso de elabopración dun Plan de Igualdade que poida servir de base para a eliminación das desigualdades salarias que existen con carácter xeral na actualidade entre homes e mulleres no Concello de Betanzos.
A exposición de motivos para esta solicitude argumentouse no seguinte:
PRIMEIRO:
Que a
lei orgánica 2/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre
mulleres e homes establece no artigo 45 a obriga das empresas de
respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral
e de adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de
discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que deberán
negociar e se é o caso acordar, coa representación legal das e dos
traballadores.
SEGUNDO:
Que
no artigo 76 do Convenio Colectivo do persoal do Concello de Betanzos
en trámite, aparece recollido que “O
Concello de Betanzos elaborará un Plan de Igualdade que será
negociado co Comité de Empresa”.
“Para
a elaboración deste informe crearase unha Comisión Paritaria de
Igualdade”.
TERCEIRO:
Que a
estes efectos, insta ao Concello a dar pleno cumprimento a isto, coa
finalidade de facer efectivo o dereito de igualdade de trato e de
oportunidades entre mulleres e homes, eliminando calquera tipo de
obstáculo que impida dita finalidade.
Por tanto, ao abeiro disto, a CIG propuxo que se proceda á constitución da Comisión Paritaria de Igualdade co obxecto de poñer en marcha a negociación do Plan de Igualdade do Concello de Betanzos co Comité de Empresa e achegou unha proposta de regulamento de funcionamento na que figura tanto a composición da Comisión como os fins desta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario