Saúde
laboral
Segundo una
investigación realizada en Canadá polo INRS e a Universidade de Montreal
publicada na revista Preventive Medicine, existe una relación directa entre o
estrés prolongado no traballo e a posibilidade de padecer determinados tipos de
cancro en homes.
No estudo participaron homes que tiveron a lo menos catro
empregos ao longo da súa vida profesional. Entre as conclusións pode observarse
a relación entre o estrés laboral e cinco dos once tipos de cancro tidos en
conta na investigación: cancro de pulmón, colon, recto, estómago e linfoma non
hodgkiano. Estos tipos de cancro manifestáronse en homes que acumularon entre
15 e 30 anos de estrés no traballo, resultando os empregos máis estresantes
bombeiro, enxeñeiro industrial e aeroespacial, capataz, mecánico de taller de
automóvil e de equipos ferroviarios.
O estudo amosa que o
estrés percibido non ten como orixes únicas ás esixencias profesionais e a
presión de tempo, tamén a atención ao cliente, as comisións de ventas, as
reponsabilidades, o temperamento do traballador, a inseguridade no emprego, os
problemas financieiros, as condicións nas que se desenvolve o traballo,
conflictos interpersoais e os problemas de tráfico, son causas de
presencia de estrés nos traballadores participantes na enquisa
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario