16/06/17

A CIG comunícalle ao Concello a representante da Comisión Paritaria Mixta de Control e Seguimento do Convenio Colectivo.

Logo de que o pasado mércores o concelleiro de Persoal comentase que desde o Departamento de Persoal ían requirirlle aos sindicatos con representación no Comité de Empresa que nomeasen os respectivos representantes para a Comisión Paritaria Mixta de Control e Seguimento do Convenio Colectivo, a CIG vén de lle comunicar os devanditos representantes. Así mesmo, a secretaria da Sección sindical avisou ao representante de UGT para que procedese a realizar o nomeamento canto antes e para instar, de novo, ao Concello a que convocase a Comisión Paritaria Mixta de Control e Seguimento do Convenio Colectivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario