27/06/17

ESPECIAL MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN (19/06/2017)

ESPECIAL MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN (19/06/2017)

O pasado 19 de xuño tivo lugar a Mesa Xeral de Negociación do Concello de Betanzos cun único punto da orde do día: Negociación capítulo 1 de persoal do anteproxecto dos orzamentos para o ano 2017.

A CIG nesta mesa fixo unha serie de preguntas sobre diversos temas que non tiña claros. En todos os casos tivo unha resposta con candansúa explicación por parte do concelleiro de Persoal, polo que por primeira vez non presentaremos alegacións aos orzamentos, posto que se chegou a un acordo con respecto ao que entendemos como unha futura mellora para o persoal laboral, co compromiso de ampliación da partida orzamentaria das axudas sociais vinculada a un novo Regulamento con criterios sociais e ampliación das contían máximas concedidas e os compromisos de continuar traballando para a elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo.

Así mesmo, segundo nos indicaron este orzamento contempla a partida necesaria para o pagamento dos salarios do persoal logo da aprobación do convenio colectivo, e mais unha partida de 94.141,48 euros para as horas extraordinarias, o complemento de dispoñibilidade e o complemento de funcións extraodinarias, vixentes desde a aprobación do convenio mais que na actualidade aínda non se aplican porque o goberno municipal quere definir algunhas cuestións na Comisión Paritaria de Seguimento do Convenio Colectivo. Igualmente, e tendo en conta que o Comité de Empresa leva dous meses agardando a que esta comisión, tamén preguntou pola existencia de partida para corrixir o criterio de absorción do complemento persoal que o goberno municipal adoptou de xeito unilateral e cuxa discrepancia está pendente de resolver, e o concelleiro sinalou a partida da que se podería tirar, así como que ía prevista a posible suba que está prevista unha vez que se aproben os orzamentos estatais.

Non obstante, si que botamos en falta a regulación dos criterios da partida de produtividade, e propuxemos que de non estar regulada esta partida podería non se podería repartir polo que podería destinarse a outra finalidade, como, por exemplo ampliar a partida orzamentaria das axudas sociais. Con respecto a esta cuestión o Concello amosou boa vontade e chegouse a un acordo de que este ano se negociaría un novo regulamento de axudas sociais con criterios de reparto máis xustos e aumento das contías concedidas e que no momento en que este regulamento fose ao pleno farían a modificación orzamentaria correspondente para que a bolsa das axudas sociais fose de 35 000 euros, 10 000 euros máis que ata este momento.

Non obstante, si que botamos en falta a regulación dos criterios da partida de produtividade, e propuxemos que de non estar regulada esta partida podería non se podería repartir polo que podería destinarse a outra finalidade, como, por exemplo ampliar a partida orzamentaria das axudas sociais. Con respecto a esta cuestión o Concello amosou boa vontade e chegouse a un acordo de que este ano se negociaría un novo regulamento de axudas sociais con criterios de reparto máis xustos e aumento das contías concedidas e que no momento en que este regulamento fose ao pleno farían a modificación orzamentaria correspondente para que a bolsa das axudas sociais fose de 35 000 euros, 10 000 euros máis que ata este momento.

O orzamento recolle partida orzamentaria para as substitucións e acumulacións de tarefas dos servizos de escola infantil, limpeza municipal, e axuda no fogar. Entre outros temas tamén se preguntou pola partida orzamentaria suficiente para recoller a contratación do Servizo de prevención alleo e o incluído e o recollido no artigo 57 do convenio colectivo con respecto aos recoñecementos médicos.
Finalmente, instamos ao goberno municipal a que axilice o máis posible a aprobación dunha nova Relación de Postos de Traballo, porque a actual está próxima a cumprir dez anos en vigor e na actualidade, a situación desde a aprobación do convenio e ata a existencia dunha nova RPT provoca que o persoal laboral non teña remuneradas as condicións especiais de cada posto e tamén abriu unha brecha moi grande entre os complementos específicos do persoal laboral e do funcionariado e solicitámoslle ao goberno que se axilice a relación para solucionar canto antes esta situación que entendemos como transitoria.

PROCESO DE ELABORACIÓN DA NOVA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

Nesta Mesa Xeral o goberno municipal tamén adiantou unha serie de cuestión sobre a nova Relación de Postos de Traballo. En principio está previsto que a finais deste mes a empresa contratada lle achegue ao goberno municipal un primeiro borrador da Relación de Postos de Traballo. Cada traballador individualmente terá unha ficha da que se falará con el individualmente, con posterioridade tamén se falará cos coordinadores/ directores / encargados das distintas áreas sobre as fichas de cada un dos traballadores da área da que son responsables e, así mesmo, esta información facilitaráselle ás centrais sindicais nun esquema de negociación que se podería denominar piramidal. Así mesmo o concelleiro lembrou que a entrada en vigor da nova Lei de emprego público de Galiza obriga a que as Relacións de Postos de Traballo sexan instrumentos que reflicten a realidade da situación do cadro de persoal dunha Administración e non a idealidade da situación, como viña sendo ata o momento. Actualmente este Concello conta con cen prazas ocupados por persoal laboral, dos cales 24 non están ocupados por ningún traballador e cincuenta prazas de funcionarios, das cales seis están vacantes.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2017

A pesar de que nesta Mesa Xeral non se negociou a Oferta de Emprego Público do ano 2017, o goberno adiantou a súa intención de facelo nos próximos meses e anuncio que a OPE 2017 sería exclusivamente para funcionarios, postos que a totalidade do persoal laboral é temporal (neste punto discrepamos posto que temos coñecemento de catro compañeiros que teñen un documento que acredita que son persoal laboral fixo mais que o Concello considera non válido). A OPE 2017 do Concello de Betanzos sería unicamente para un posto de arquitecto técnico (A2) e outro de administrativo (C1), segundo as intencións que o concelleiro de Persoal adiantou na reunión.

CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO PARA O PERSOAL LABORAL


Nesta mesma reunión o concelleiro de Persoal adiantou tamén que o Concello de Betanzos quere darlle solución á situación de temporalidade do persoal laboral nos vindeiros anos. Así mesmo, lembrou que anteproxecto da Lei de orzamentos do Estado prevé que se poida aplicar o que xa indicaba o Estatuto Básico do Empregado Público en 2007, que as administracións poderán dispoñer nos exercicios 2017 a 2019 dunha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal daquelas prazas que estean dotadas orzamentariamente e desde unha data anterior ao 1 de xaneiro de 2005 estivesen ocupadas ininterrompidamente de forma temporal. Neste suposto tamén estarían todas as prazas ocupadas na actualidade por persoal cunha sentenza de indefinición. Tamén incidiu en que isto só se podería levar a cabo se había unha nova Relación de Postos de Traballo. É necesario incidir en que un dos obxectos para os que a empresa da nova RPT foi contratada foi este, tal e como informaron xa hai un ano a todos os sindicatos con representación neste Concello e que o goberno cada vez amosa unha intención máis firme de levar a cabo este proceso de consolidación, que ata o momento non se comezou a negociar cos representantes sindicais. De feito, no prego contractual coa empresa e as fases do traballo vén claramente especificado que esta empresa deseñará e elaborará o borrador da RPT e negociará, deseñará e elaborará un organigrama municipal, deseñará e elaborará un plan de ordenación de recursos humanos que derivaría na aprobación dunha Oferta Pública de Emprego nos anos 2018 e 2019. En principio, o contrato con esta empresa é ata o ano 2019.

Ningún comentario:

Publicar un comentario