A CIG solicitoulle esta semana ao Concello de Betanzos que aplique os incrementos retributivos contemplados na Lei 3/2007 nunha solicitude que explicaba o seguinte:
PRIMEIRO: Que o pasado mércores 28 de xuño de 2017 publicouse a Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado.
SEGUNDO: Que o capítulo I do título III sobre os gastos do persoal ao servizo do sector público especifica que para os efectos deste capítulo están comprendidas as corporacións locais e os organismos dependentes delas, e no punto 2 contempla o seguinte:
“No
ano 2017, as retribucións do persoal ao servizo do sector público
non poderán experimentar un incremento global superior ao 1% con
respecto ás vixentes a 31 de decembro de 2016, en termos de
homoxeneidade para os dous períodos de comparación, tanto polo que
respecta a efectivos de persoal como á antigüidade deste”.
TERCEIRO:
Que
a cláusula adicional primeira do Convenio colectivo do persoal
laboral do Concello de Betanzos recolle o seguinte:
“Durante
o período de vixencia do presente Convenio, as retribucións
establecidas neste experimentarán o incremento que determine, para
cada exercicio, a Lei de orzamentos xerais do Estado e restante
normativa de aplicación; todo isto sen prexuízo das adecuacións e
revisións retributivas que, dentro dos límites legais fixados ao
respecto, proceda realizar para garantir a adecuación destas ao
contido e características dos postos de traballo, así como as que
se deriven do grado de consecución dos obxectivos fixados e do
resultado individual da súa aplicación.”
POR TODO O EXPOSTO:
POR TODO O EXPOSTO:
Instamos ao Concello de Betanzos a que axilice a aplicación dos incrementos retributivos especificados na Lei 3/2007, así como o pagamento dos atrasos correspondentes relativos aos incrementos mencionados de cara a que poidan ser pagados na próxima nómina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario