27/07/17

Comunicación da representación da CIG na Comisión Paritaria Mixta de seguimento do Acordo regulador de funcionarios do Concello de Betanzos

Hoxe mesmo a CIG comunicoulle ao Concello que a representación da CIG na Comisión Paritaria Mixta de Seguimento e Control do Acordo regulador das condicións do persoal laboral do Concello de Betanzos será a seguinte:

Titular: Silvia Muíño 
Primeiro suplente: Jorge Amarante
Segundo suplente: Manuel Román Castro

Lembrámosvos que se hai funcionarios/as que teñan algún tipo de proposta que queiran tratar nesta Comisión relacionadas co Acordo regulador das súas condicións poden transmitirlla aos delegados da CIG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario