Tal e como xa fixemos o 6 de agosto, a Sección sindical da CIG vén de solicitarlle de novo ao Concello que reúna a Mesa Xeral de Negociación para que os traballadores municipais recuperen o 100% das retribucións en casos de incapacidade temporal, tal e como permite neste momento a lexislación estatal logo da publicación do Real
decreto 956/2018, do 27 de xullo.
Ata o momento o Concello vén detraéndolle unha parte das retribucións ao persoal en situación de incapacidade temporal, tal e como indicaba o Real decreto Lei 20/2012, mais desde a aprobación do novo real decreto ten a posibilidade de que o persoal cobre o 100% do salario nesta situación, mais debe tomarse o acordo na Mesa Xeral de Negociación.
O feito de que o Concello non reúna a Mesa para tomar este acordo estalle supoñendo perda de cartos ao persoal en situación de incapacidade, que adoita ser maiormente persoal laboral, cuns salarios bastante máis baixos que o persoal funcionarios no Concello de Betanzos e maiormente de servizos, que tamén é o persoal máis afectado polas baixas, en casos mesmo derivadas da carga de traballa pola falta de persoal.
A CIG reiterou esta solicitude coa esperanza de que o Concello dea este paso en beneficio do dereitos dos traballadores, toda vez que a Administración local sempre berra aos catro ventos que ten superávit, e que o problema non son os cartos.
A solicitude indicaba o seguinte:
PROPOSTA
PARA A MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN DO CONCELLO DE BETANZOS
O
Real decreto lei 20/2012 do 13 de xullo, de medidas para garantir a
estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, modificou
temporalmente o réxime retributivo do persoal das administracións
públicas incluído no Réxime Xeral da Seguridade Social durante a
situación de incapacidade temporal.
O
artigo 37 de Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de
Betanzos recolle o réxime de retribucións en procesos de baixa por
incapacidade temporal ao abeiro do Real decreto mencionado.
Así
mesmo, o artigo 7 do devandito Convenio recolle o seguinte con
respecto ás condicións máis beneficiosas:
“As
melloras establecidas noutras disposicións de carácter xeral
aplicables a calquera empregado/ público/a, que se diten con
posterioridade e que non se reflicten neste Convenio colectivo
despois da súa aprobación, serán de aplicación, segundo o
principio de norma máis favorable ou condicións máis beneficiosa
para os/as traballadores/as.”
Igualmente,
a disposición adicional quinquaséxima da Lei 6/2018, do 3 de xullo,
de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, establece que cada
Administración pública poderá determinar, previa negociación
colectiva, as retribucións para percibir polo persoal ao seu servizo
ou ao dos organismos autónomos e entidades dependentes, en situación
de incapacidade persoal, e no caso do persoal funcionario ao que se
lle expedise licenza por enfermidade e determínanse as regras do
complemento retributivo que pode chegar ata un máximo do cento por
cento das súas retribucións, básicas e complementarias,
correspondentes ás retribucións fixas do mes de inicio da
incapacidade temporal.
Esta
disposición adicional ten carácter básico, tal e como se indica no
seu apartado sete.
No
que ten a ver co persoal ao servizo do Concello de Betanzos, tal
disposición permite a recuperación do dereito ao cento por cento
das retribucións mensuais ordinarias íntegras.
Ademais,
a Real decreto 956/2018, do 27 de xullo, polo que se aproba e publica
o Acordo adoptado pola Mesa Xeral de Negociación da Administración
xeral do Estado do 23 de xullo de 2018, con relación ao réxime
retributivo de situación de incapacidade do persoal ao servizo da
Administración xeral do Estado e organismos ou entidades públicas
dependentes, establece a plenitude retributiva para o persoal
funcionario, estatutario ou laboral ao servzio da Administración
xeral do Estado, que estea en situación legal de incapacidade
temporal, garantindo, durante esta situación a percepción do cento
por cento das retribucións ordinarias correspondentes ao mes de
inicio da incapacidade temporal.
Polo
exposto, PROPOÑEMOS:
Que
o Concello de Betanzos reúna a Mesa Xeral de Negociación para
acordar, con relación ao réxime retributivo do persoal laboral e
funcionario que estea en situación legal de incapacidade temporal, a
percepción do cento por cento das retribucións ordinarias
correspondentes ao mes de inicio da incapacidade temporal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario