Tal e como comentamos, logo das denuncias na Inspección de Traballo, o Concell vén de convocar as revisións médicas do ano 2018, despois de aforrar os cartos das do ano 2017, a pesar da obrigatoriedade de realizalas anualmente.
Entre o 24 de setembro e o 11 de outubro o persoal deberá cubrir o consentimento ou renuncia a realizar as devanditas revisións. Por primeira vez o Concello de Betanzos obriga a que o persoal cubra este documento porque esta documentación é necesaria por se lla require a propia Inspección de Traballo Provincial.
O Concello publicou esta convocatoria días antes de ter que acudir á Inspección, onde lle requiriron qu acredite que as revisións médicas do ano 2018 están convocadas e explicar o motivo polo que se negou a realizar as do ano 2017.

Ningún comentario:
Publicar un comentario