O Comité de Empresa vén de solicitar, unha vez máis, a información sobre as horas extraordinarias que o Concello de Betanzos leva nove meses sen lle entregar aos representantes dos traballadores.
Esta nova solicitude faise logo da denuncia na Inspección de Traballo realizada pola presidenta do Comité de Empresa e de que o inspector que leva o caso se puxese en contacto coa representante dos traballadores para a informar de que o Concello se comprometeu a levar á reunión que está convocado o vindeiro 25 de setembro o xustificante segundo lle entregou unha documentación que na actualidade, 21 de setembro, aínda non foi entregada.
A gravidade deste caso, non só reside, en que con estes feitos o Concello incumpre o Convenio colectivo en vigor e pasa dos riba dos informes do persoal municipal, senón en que o Comité de Empresa leva xa varios anos tendo que acudir á Inspección de Traballo para que o Concello de Betanzos lle entregue e documentación que debería facilitarlle con carácter mensual e periódico.
A solicitude indicaba o seguinte:
COMUNÍCOLLE:
PRIMEIRO.
Que o convenio colectivo no artigo 21.9.m indica o seguinte con
respecto á información ao Comité de Empresa sobre as horas
extraodinarias do persoal laboral:
“O
Comité de Empresa será informado, cando menos mensualmente, da
realización das horas extraordinarias do persoal laboral, a
identificación dos/as traballadores/as, a data da súa realización
e a cuantificación das horas realizadas en total.”
SEGUNDO.
Que o Concello de Betanzos vén incumprindo sistematicamente este
deber de información e non lle entrega información sobre as horas
extraordinarias realizadas, senón que exclusivamente achega
información sobre as horas extraordinarias pagadas. Así mesmo, e no
caso das horas extras pagadas nunca llas achega puntualmente e sempre
con varios meses de atraso.
TERCEIRO.
Que o Concello de Betanzos non lle achegou a documentación
correspondente ao Comité de Empresa das horas extraordinarias
realizadas polo persoal laboral nos meses de decembro de 2017,
xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo e agosto de 2018.
CUARTO.
Que na última documentación sobre as horas extraordinarias
entregada, relativa aos meses de outubro e novembro de 2018, non vén
en todos os casos identificada a data de realización das horas, polo
que entendemos que esta documentación foi entregada con eivas.
POLO
EXPOSTO, SOLICITO:
PRIMEIRO.
Que o Concello de Betanzos lle entregue ao Comité de Empresa a
relación de horas extras realizadas con base ao deber de
información recollido no artigo 21.9.m. e aos parámetros indicados
neste.
SEGUNDO.
Que o Concello lle entregue con puntualidade ao Comité de Empresa a
información relativa ás horas extraordinarias do persoal labora de
xeito mensual, tal e como procede. Así mesmo, comunico que de non
entregalas en tempo e forma tomaremos as medidas oportunas.
TERCEIRO.
Que o Concello de Betanzos lle entregue ao Comité de Empresa a
información das horas
extraordinarias realizadas polo persoal laboral nos meses de decembro
de 2017, xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo e agosto
de 2018 coa
identificación dos/as traballadores/as, a data da súa realización
e a cuantificación das horas realizadas en total, tal e como indica
o Convenio colectivo do persoal laboral e vigor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario