21/09/18

A Inspección de Traballo faille un requerimento ao Concello de Betanzos logo das denuncias presentadas

Logo das denuncias presentadas pola presidenta do Comité de Empresa na Inspección de Traballo provincial e que varios inspectores se puxesen en contacto por estes temas coa representante dos traballodores, a propia inspección fíxolle un requerimento ao Concello de Betanzos e citouno para a vindeira semana para que lle entregue, entre outra, a seguinte documentación:

1. Documentación acreditativa do cumprimento da proposta de requerimento do Plan de emerxencia e evacuación do edificio Liceo, informe de implementación, designación do equipo de intervención e xustificación dos simulacros.

2. Actas do Comité de Seguridade e Saúde desde 2017 e convocatoria da próxima reunión.

3.Concerto vixente cun servizo de prevención de riscos, incluída a vixilancia da saúde.

4. Último recoñecemento médico efectuado e última convocatoria.

5. Información facilitada á representante dos traballadores das horas extraodrinarias realizadas polos traballadores desde agosto de 2017.

Logo deste requerimento o Concello convocou o Comité de Seguridade e Saúde, que levaba case un ano inactivo, motivo polo que se denunciou na Inspección, xa que se debe reunir con carácter trimestral, así mesmo, o novo Servizo de Prevención Alleo comezou as visitas polos centros de traballo para facer as avaliacións de riscos correspondentes e é posible que nos vindeiros días se convoquen as revisións de vixilancia da saúde. Polo momento, o Concello non entregou lle entregou aos representantes dos traballadores o Plan de emerxencia nin a información correspondente ás horas extraordinarias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario