MODIFICACIÓNS DO R.D. 6/2019
DEREITOS CONCILIACIÓN 2019*
*Os permisos recollidos son os que estarán en vigor para o ano 2019. A comezos de 2020 algúns aumentarán de duración
PERMISO PARA O COIDADO DO/A LACTANTE (ANTES LACTACIÓN)
Quen?
Pai e nai de crianzas menores de 9 meses
NON É TRANSFERIBLE
Como/ Cando?
1 hora diaria de ausencia do posto de traballo, que poderá fraccionarse.
½ hora de redución ao comezo ou ao final da xornada.
Acumulación en xornadas Completas
Despois dos 9 meses poderase optar por unha redución de ½ hora ate os 12 meses por este mesmo motivo que vai suxeita á prestación recollida ao final deste cadro.
PERMISO PARA A PERSOA DIFERENTE Á NAI BIOLÓXICA
(ANTES PATERNIDADE)
Quen?
Proxenitor ou proxenitora diferentes á nai biolóxica
Como/ Cando?
8 semanas das que, polo menos, 2, serán desfrutadas despois do nacemento.
As seis semanas restantes poden desfrutarse en períodos semanais ate que a crianza teña 12 meses.
A nai poderá ceder até 4 semanas de suspensión.
PERMISOS POR ADOPCIÓN OU ACOLLEMENTO
Quen?
Cada persoa adoptante, gardadora ou acolledora
6 semanas de desfrute obrigatorio para cada persoa proxenitora
Como/ Cando?
Até 12 semanas a desfrutar de xeito ininterrompido dentro dos 12 meses desde o feito causante. Destas 12 semanas, a mesma persoa só poderá coller ate 10 semanas, quedando as outras 2 a disposición da/o outro/a proxenitor/a.
ADAPTACIÓN HORARIA
Quen?
Persoas con fillas ou fillos menores de 12 anos
Como/ Cando?
Dereito a solicitar a adaptación da ordenación do tempo de traballo para poder conciliar.
Estas adaptación teñen que ser razoables e proporcionadas ás necesidades.
Tras a solicitude, abrirase coa empresa un proceso de negociación que pode durar un máximo de 30 días.
Tras este período, a empresa aceptará, proporá unha alternativa ou negará a solicitude.
No caso de non aceptala, indicará as razóns obxectivas nas que se sustenta esta decisión.
EXERCIZO CORRESPONSÁBEL DO COIDADO LACTANTE. Nova prestación
Quen?
Proxenitor e proxenitora de crianzas de entre 9 meses e 12 meses
Como/ Cando?
Prestación da seguridade social que se lle dá as persoas que reduzan a xornada de traballo por lactación de menor de 12 meses, a partir dos 9 meses.
REQUISITO: Que sexan as dúas persoas proxenitoras as que reduzan a xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario