Neste documento recóllense
orientacións para a elaboración dun Plan de Continxencia co obxecto
de dispoñer dun instrumento de xestión para planificar a adopción
das medidas necesarias que contribúan a eliminar ou minimizar no
posible a incidencia da emerxencia ocasionada polo risco comunitario
que supón a pandemia provocada pola COVID-19 (SARS-Cov-2) no ámbito
laboral.
Un plan de continxencia é un conxunto
de instrucións e procedementos complementarios ou alternativos aos
utilizados normalmente na empresa de xeito que esta poida manter a
súa actividade malia que algunhas funcións deixen de facelo debido
a algún incidente ou a certas condicións externas alleas á
organización.
Para a súa elaboración, deberase
realizar unha análise dos riscos que permita identificar un conxunto
de medidas básicas e concretas a tomar como acción de resposta e
coas que afrontar da maneira máis adecuada e efectiva posibles
incidentes, accidentes e/ou estados de emerxencia que puidesen
ocorrer tanto nas instalacións como fóra delas.
Neste documento recóllense
orientacións para a elaboración dun Plan de Continxencia co obxecto
de dispoñer dun instrumento de xestión para planificar a adopción
das medidas necesarias que contribúan a eliminar ou minimizar no
posible a incidencia da emerxencia ocasionada polo risco comunitario
que supón a pandemia provocada pola COVID-19 (SARS-Cov-2) no ámbito
laboral
Ningún comentario:
Publicar un comentario