MODIFICACIÓN ARTIGO 207 LXSS:
Para situación de desemprego en caso de traballo a tempo parcial, terase en conta a efectos de cumprimento do requisito de acceso á prestación os períodos de cotización no traballo no que se perdera o emprego ou se reducira a xornada de traballo.
MODIFICACIÓN DA CONTÍA DA PRESTACIÓN POR DESEMPREGO (ARTIGO 211.2 LXSS. D. FINAL 13ª):
- Minórase a contía da prestación por desemprego no nivel contributivo no segundo tramo, para as prestacións cuxo nacemento de dereito se derive de situacións legais de desemprego posteriores ao 15 de xullo de 2012. Pasa a ser a seguinte:
- Do día 1 ao 180: 70% da base reguladora da prestación.
- Do día 181 ao remate: 50% da base reguladora da prestación.
- No desemprego por perda de emprego a tempo parcial, as contías máxima e mínima determínanse tendo en conta o IPREM en función do promedio de horas traballadas durante os últimos 180 días dos 6 anos anteriores á situación legal de desemprego, ponderándose tal promedio en relación cos días en cada emprego a tempo parcial ou completo durante tal período.
COTIZACIÓN DURANTE O DESEMPREGO (ARTIGO 214.4 LXSS):
Suprímense as reducións na achega do/a traballador/a á SS durante a percepción da prestación por desemprego, para as prestacións cuxo nacemento se derive de situacións legais de desemprego a partires do 15 de xullo de 2012. (D.T 3ª e D. Derrogatoria única).
SUSPENSIÓN DA PRESTACIÓN EN CASO DE SANCIÓN (ARTIGO 212 LXSS).
Especifica que, finalizado o período de suspensión, se o beneficiario non está inscrito como demandante de emprego, deberá comparecer na entidade xestora acreditando a inscrición, para poder reanudar a prestación.
Introduce nova posibilidade de suspensión en caso de requirimento de documentación pola entidade xestora, para a conservación do dereito, e no suposto de non achegar dita documentación.
SUBSIDIO POR DESEMPREGO PARA MAIORES DE 55 ANOS (ARTIGO 215.1.3 LXSS): PARA AS SOLICITUDES DE NACEMENTO PRESENTADAS A PARTIRES DO 15 DE XULLO DE 2012:
Elévase a idade para o subsidio até os 55 anos.
Ademais, esixe que teña cumpridos os 55 anos na data do esgotamento da prestación contributiva ou o subsidio por desemprego ou ter cumprida dita idade no momento de reunir os requisitos para acceder a outro subsidio por desemprego ou cumprila durante a súa percepción.
A efectos de acreditar a carencia de rendas, compútanse os rendementos deducíbeis do montante económico do patrimonio, aplicando ao seu valor o 100% do tipo de xuro legal do diñeiro vixente.
A duración estendese até acadar unha idade que permita acceder á pensión de xubilación en calquera das modalidades.
COTIZACIÓN DURANTE O SUBSIDIO PARA MAIORES DE 52 OU 55 ANOS (D. T 5ª).
Redúcese a base de cotización ao 100% do tope mínimo, desde o 1 de agosto de 2012.
SUBSIDIO POR DESEMPREGO PARA MAIORES DE 45 ANOS (DISPOSICIÓN DERROGATORIA ÚNICA E D. TRANSITORIA 4ª).
Elimínase o subsidio para maiores de 45 anos, agás para aqueles que esgotaran a prestación contributiva de máis de 720 días antes do 15 de xullo de 2012.
CONTÍA DO SUBSIDIO POR DESEMPREGO (ARTIGO 217 LXSS).
En caso de desemprego por perda de traballo a tempo parcial percibirase o 80% do IPREM en proporción ao número de horas traballadas nos casos de:
INCOMPATIBILIDADE PRESTACIÓN OU SUBSIDIO POR DESEMPREGO COA REALIZACIÓN DE TRABALLOS (ARTIGO 221 LXSS).
Engádese á redacción anterior a seguinte precisión: a dedución actuará tanto cando a percepción da prestación ou subsidio se produza pola perda dun emprego a tempo total ou parcial e se obteña novo contrato a tempo parcial, como cando realice dous contratos a tempo parcial e perda un deles. Neste último suposto a base reguladora será o promedio das bases polas que se cotizara durante os últimos 180 días e as contías máximas e mínimas determinaranse tendo en conta o IPREM en función das horas traballadas en ambos traballos.
Artigo 229 LXSS.
Atribúe á entidade xestora a posibilidade de suspender o pagamento da prestación por desemprego cando aprecie indicios de fraude.
Artigo 231 LXSS. Introdúcense novas obrigas para as persoas perceptoras de prestacións:
•Deberán comunicar cambios de domicilio á entidade xestora e facilitar novos datos.
•Deberán facilitar datos á entidade xestora, cando non quede garantida a recepción no domicilio facilitado, para garantir recepción de comunicacións por medios electrónicos,
•Deberán acreditar ante a entidade xestora as actuacións realizadas dirixidas á busca activa de emprego. Dita acreditación realizarse do xeito que a entidade xestora determine no marco da mutua coloboración. A non acreditación será considerada como incumprimento do compromiso de actividade.
A non participación nas actividades de mellora de ocupabilidade que se correspondan coa profesión habitual serán voluntarias durante os 30 primeiros días da percepción da prestación, sen efectos sancionadores a non participación.
Introdúcese no compromiso de actividade a obriga de participar en actividades de reconversión profesional. A entidade xestora poderá requirir ás persoas beneficiarias para que acrediten a realización de actuacións dirixidas á inserción laboral. A non acreditación será considerada como incumprimento do compromiso de actividade.
As anteriores obrigas son constitutivas de infraccións na orde social e sancionábeis nos termos regulados.
RENDA ACTIVA DE INSERCIÓN.
-Poden ser beneficiarios/as as persoas desempregadas que reúnan requisitos:
•Maior de 45 anos.
•Estar inscrito como demandante de emprego durante 12 ou máis meses. O traballo durante período acumulado de 90 ou máis días nos 365 anterioes á solicitude interrompe a inscrición. As saídas ao estranxeiro, por calquera motivo, interromperán a inscrición. Para cumprir novamente o requisito esixiranse outros 12 meses ininterrompidos.
•Ter esgotado a prestación por desemprego contributiva e/ou o subsidio asistencial (agás extinción por sanción) e non ter dereito á protección por dita continxencia.
É dicir, as persoas que non tiveran dereito á prestación ou subsidio, tampouco o terán á RAI, agás emigrantes retornados ou vítimas de violencia de xénero.
•Carecer de rendas superiores ao 75% SMI, excluídas 2 pagas extraordinarias.

- Subsidio por responsabilidades familiares con esgotamento da prestación.
- Subsidio para maiores 45 anos (extinguido, nos termos sinalados anteriormente).
- Insuficiencia de cotización e responsabilidades familiares.
- Maiores de 55 anos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario