03/07/12

Temas pendentes


A mediados do mes pasado o Comité de Empresa solicitou unha reunión co concelleiro de Persoal para tratar diversos temas que lle afectan ao servizo de limpeza, segundo nos trasladaron distintas compañeiras que están a padecer en propia carne a escasez de persoal entre outros moitos problemas que se veñen arrastrando dende hai moito tempo e que son produto da desorganización tan propia deste Concello.

Ademais intentaremos darlle traslado doutros temas non menos importantes que compañeiros e compañeiras nos trasladan diariamente, unha vez que o Concello, polo que parece, non pensa convocar Mesa Xeral de Negociación a pesar de que xa case vai para dous meses que o Comité de Empresa solicitou que se convocase por distintos problemas que lle afectan ao persoal laboral deste Concello e que son materias obxecto de negociación, por moito que esta Administración teime en non abandonar as vellas formas e pasar por alto das demandas dos representantes dos traballadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario