ARTIGO 109.2, b) LXSS. CONCEPTOS EXENTOS BASE DE COTIZACIÓN.
Estarán exentos, entre outros, de cotización, os seguintes conceptos:
- As indemnizacións por despedimento ou cesamento do traballador/a, só na contía obrigatoria establecida no ET, na normativa de desenvolvemento ou na de execución de sentenzas.
- As indemnizacións percibidas en caso de extincións previas ao acto de conciliamento, na contía que correspondería ao despedimento improcedente.
- As indemnizacións percibidas no caso de extincións colectivas ou individuais por causas económicas, técnicas, organizativas, de produción ou forza maior, na contía que non exceda á que correspondería ao despedimento improcedente.
- Elimínase a referencia á exención do quebranto de moeda, desgaste, prendas de traballo, produtos es especie e percepcións por matrimonio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario