“Quizá es mejor ponerles un subsidio
a los funcionarios a que estén en la Administración consumiendo
papel, consumiendo teléfono y tratando de crear leyes” (Juan
Rosell, presidente da CEOE)
Para facer o que fai este home, ben
podería estar nas súa casa pero sen subsidio. Para o presidente da
patronal o motivo da crise está claro: os traballadores queremos
cobrar demasiado e traballar pouco, os parados son uns vagos e os
funcionarios só estamos para “gastar papel e teléfono”. Desde a
CIG esixímoslle una rectificación desta descualificación contra as
persoas que facemos posíbel os servizos públicos con cada vez menos
recursos.
O deste home xa non é novo, como
tampouco o é a súa visión miope do que fai un traballador público.
“Cantos funcionarios sobran”, lanzou cifras ao aire, “¿300.000?
¿400.000?”. Claro que sobramos funcionarios, sobramos funcionarios
para meter as empresas dos seus amigos asociados a CEOE para facer o
traballo que é noso: sanidade privada, ensino privado, servizos
sociais privados... así lle vai ben señor Rosell?
Quizais os que sobran nesta
Adminstración nosa da Xunta de Galiza son algúns socios da
Patronal, como son Plexus, Indra, Coremain, Altia, Atos Origin,
Eulen, Clece, Fesán, Geriatros, Unisys, etc. Todas estas son
empresas que, ou ben prestan Servizos Públicos de xeito directo ou
colan asistencias técnicas pola porta de atrás. Non son 400.000
funcionarios os que sobran, os que sobran son estes patróns que
teñen como único obxectivo o beneficio, pasando por riba de
calquera dereito e conquista social se iso é necesario, e é o que
está a pasar coa colaboración necesaria do goberno da Xunta, do
goberno central e da Unión Europea.
Outra das perlas deste home na súa
rolda de prensa de onte foi a seguinte:. “Estoy absolutamente
convencido de que lo lía todo y al final sale una legislación
tremendamente complicada y difícil. Parece que cobren cuanto más
complicado sea”. Está claro que a este home lle molesta a lei, a
normas e o todo control administrativo. En fin, non é de estrañar
cando o predecesor na súa organización está acusado de varios
delitos fiscais e moitos dos seus socios pasan máis tempo nos
xulgados que nas súas empresas.
Que si señor Rosell, que “somos moi
malos os funcionarios”, que “non facemos nada”, iso si, non
renuncia aos millóns de euros de subvencións que se leva a súa
organización de empresarios e que xestionamos os infieis
funcionarios; non, neste sentido non lle fan noxos á xestión
pública. Eses mesmos cartos de subvencións que moitas das empresas
que representa fan mover despois en sobres entre Suíza e o partido
do Goberno a cambio de contratos públicos e reformas
laborais prêt-à-porter.
Anxo Anta en www.cigadmon.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario