Cada
verán moitos traballadores son vítimas da calor, especialmente
aqueles que desenvolven a súa actividade ao aire libre. Certos
traballos en obras públicas, en construción, ou en agricultura,
levan a exposición dos traballadores a temperaturas moi elevadas nos
meses máis calorosos. A tensión térmica por calor pode orixinar
diversos danos á saúde, desde cambras, deshidratación, esgotamento
por calor ou golpe de calor. Este último é irreversible, de suma
gravidade e pode chegar a ocasionar a morte. Por iso, é fundamental
que, tanto traballadores como empresarios, tomen conciencia do risco
de traballar con calor.
Para
máis información, pode consultarse o documento "Traballar con
calor" elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene
no Traballo (INSHT). Neste documento descríbense os principais
factores de risco que interveñen na tensión térmica por calor; os
síntomas asociados ao golpe de calor e a actuación recomendada a
seguir no caso de que o traballador o sufra. Así mesmo, recolle un
conxunto de medidas preventivas xerais para eliminar ou reducir
devandito risco.
Ligazón
ao documento "Traballar
con calor"
INSHT
Ningún comentario:
Publicar un comentario