O Concello acumula as débedas co persoal dende hai xa varios meses que os últimos compañeiros do anteriormente chamado GRUMIR foron readmitidos. A tristeza dos feitos reside en que meses despois de estar traballando o Concello nin sequera informou aos propios traballadores de motu propio e que mesmo nalgún caso xa se solicitou a execución da sentenza ante a falta de reacción da Administración local. Agora toca de novo agardar o traballo do xulgado que lle requira ao Concello que execute a sentenza para que os compañeiros cobren os cartos que o Concello lles debe.
Dende a CIG consideramos completamente lamentable que logo do periplo xudicial que estes compañeiros tiveron que padecer, do Xulgado do Social ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en até dúas ocasións, o Concello non tivese a decencia, primeiro de non tratalos como ao resto e desistir no xuízo, e segundo, agora de non pagarlles os salarios de tramitación deses dous anos adebedados. Consideramos esta situación máis inxusta aínda se temos en conta que outros tres compañeiros na mesma situación non tiveron que recorrer ao xulgado e o Concello mantívoos a pesar de finalizar a subvención, e aínda a día de hoxe constan nos orzamentos que o Concello pretendeu aprobar no pleno como "xefes dun grupo GRUMIR" hoxe inexistente en Betanzos. Esa é a diferenza neste Concello, dependendo do teu nome e apelidos, se dependes dunha subvención e esta finaliza bótante á rúa ou non, tes que ir ao xulgado ou non e tes que agardar o que o Concello che devolva os cartos que che pertencen ou non. Se o Concello tivese un mínimo de dignidade non obrigaba a estes traballadores a ter que solicitar a execución de sentenza só por contrarrestas o trato de privilexio que lle ofreceu a outros compañeiros do mesmo grupo, mais o feito de que actúe así non fai máis que demostrar que non é que discriminase naquel momento puntual senón que na actualidade o segue a facer de xeito consciente e sen trazas de corrixilo. Nin sequera a aprobación ou non do orzamento é unha escusa para lles pagar cando, ben sabemos, que cando queren pagar algo fan as modificacións e os trámites precisos para o efectuar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario