Organizacións sindicais da área pública entregaron na Delegación do Goberno na Coruña a súa demanda de que se convoquen as mesas para tratar os orzamentos 2015
Persoal
das administracións públicas concentrouse esta mañá diante da
Delegación do Goberno español para reclamar a recuperación de
dereitos laborais e salariais e a inmediata convocatoria tanto da
Mesa Xeral da Administración do Estado, como de Galiza, para comezar
xa a negociar estes aspectos de cara á súa inclusión nos
orzamentos de 2015. Con esta convocatoria as organizacións sindicais
con representación nestas mesas poñen en marcha unha campaña na
que, ademais, demandan a execución das sentenzas que obrigan ás
administracións á devolución das pagas extra.
A
estas demandas, a coordinadora da Área Pública da CIG (CIG-Ensino,
CIG-Saúde e CIG-Administración), María Carme López Santamariña
engadiu tamén a exixencia de que se recuperen os acordos que foron
conxelados polo PP no ano 2009.
Neste
sentido lembrou que tras da toma de posesión de Núñez Feijóo como
Presidente da Xunta, unha das primeiras medidas adoptadas polo seu
goberno foi a conxelación dos acordos acadados entre administración
e organizacións sindicais. “Isto fíxose antes de se aprobar a Lei
1/2012 de Medidas temporais polas que se suprimiron moitos dos nosos
dereitos laborais e salariais que agora teñen que ser repostos, xa
que eles mesmos dixeron que o farían en canto mellorara a situación
económica e están repetindo todos os días que estamos na senda do
crecemento”.
Por
iso, durante a concentración as e os representantes das diferentes
organizacións sindicais presentaron na delegación do Goberno
escritos dirixidos tanto a Xunta de Galiza como a administración do
Estado a inmediata convocatoria das Mesas de negociación para que se
proceda á revisión dos diversos Decretos Lei a través dos que se
introduciron eses recortes que afectan ao conxunto do persoal.
López
Santamariña subliñou que entre as súas demandas está tamén a
recuperación das pagas extra completas, xa que a Xunta
mantén aínda un recorte do 40% das mesmas, e que se negocie como se
van enfocar as devolucións das pagas extra. “Están ademais
pendentes de execución multitude de sentenzas que obrigan a pagar a
extra de 2012, no caso da administración do Estado, e de 2012, 2013
e 2014 no caso da Xunta de Galiza”. Por iso considerou urxente que
a Mesa Xeral da Función Pública en Galiza vaia traballando ao mesmo
ritmo que se van elaborando os Orzamentos de 2015.
A
concentración rematou coa lectura do manifesto conxunto que, de
seguido reproducimos:
MANIFESTO
CONCENTRACIÓN 15 XULLO 2014
NEGOCIACIÓN
XA!
POLA
RECUPERACIÓN DE TODOS OS DEREITOS (SALARIAIS, XORNADA, VACACIÓNS,
ETC.) RECORTADOS, TRANSITORIA E COXUNTURALMENTE POLA CRISE.
POLA
MELLORA DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DAS EMPREGADAS E EMPREGADOS
PÚBLICOS
POLA
XERACIÓN DE EMPREGO PÚBLICO NETO, ESTÁBEL E CON DEREITOS, QUE
GARANTA O ESTADO DE BENESTAR
POR
UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE PARA A CIDADANÍA
Desde
as organización sindicais, CCOO, CIG, CSI-F e UGT levamos anos
reclamando medidas que atenúen a insoprotábel situación que
padecen millóns de empregadas e empregados públicos. Situación que
ten a súa máxima expresión nunha desmesurada destrución de
emprego público, o empeoramento dos seus dereitos laborais,
económicos e profisionais, e o progresivo deterioro dos servizos
públicos.
Vulnera
o dereito á negociación colectiva (esto recoñeceuno a propia OIT)
que os gobernos español e galego apliquen unha política de feitos
consumados ditando normas que prescinden de todo acordó e pretenden
darle continuidade actualizando o plano de estabilidade (2014-2017),
o plano nacional de reformas, modificacións pontuais e regresivas do
Estatuto Básico do Empregado Público que seguen a insistir na
teoría do sacrificio e dos recortes.
Por
iso esiximos a recuperación da Negociación colectiva instando as
urxentes convocatorias das Mesas Xerais de Negociación das
Administracións Públicas, a española e a galega, para
cambiar a orientación das políticas públicas de persoal,
outorgandolle a toda a estrutura negociadora o protagonismo que lle
confere o EBEP.
As
organización sindicais consideramos que as medidas aplicadas polos
gobernos nos momentos de maior incidencia da crise económica eran
coxunturais e tiñan data de caducidade. E a data de caducidade
é este momento. Hai que reequilibrar as condicións de
traballo mediante unha negociación colectiva capaz de acadar os
resultados demandados polas empregadas e empregados públicos.
Temos
que volver na contra dos gobernos as súas proprias afirmacións que
pretenden trasladar á cidadanía que a situación económica está
mellorando, que deben de ser consecuentes e retomar a negociación
colectiva e o respeito á dignidade das traballadoras e traballadores
da administración, en base ás seguintes premisas:
-Aumentar o volumen neto do emprego público estable cunha forte
dimensión social eliminando as taxas de reposición, impedindo os
ERES, detendo a amortización de prazas e desenvolvendo procesos de
consolidación.
- Garantir o poder adquisitivo das traballadoras e traballadores, con
incrementos salariais e a devolución íntegra da paga extraordinaria
de decembro do 2012 xa neste mesmo ano. Abono da paga íntegra dos
anos seguintes para o persoal da Xunta de Galiza.
- Adoptar medidas necesarias para que se desenvolva o EBEP coa
negociación de todas as modificación practicadas ou que se intenten
impor.
- A estabilidade no emprego e a carreira profesional como cuestión
irrenunciábeis e a implantación inmediata da carreira profisional.
- A promoción, formación e profesionalización que cubran as
expectativas das traballadoras e traballadores e unha promoción
interna real e efectiva que aproveite o potencial formativo xa
existente.
- A devolución dos dereitos recortados, como os días complementarios
por antiguidade e o dereito para a xubilación parcial.
- Frenar a reforma laboral nas Administracións Públicas.
- Defender políticas públicas de iguladade de xénero e prevención
de riscos. Que a crise non serva de excusa para o seu deterioro.
En
definitiva, as organización sindicais, CCOO, CIG, CSI-F e UGT,
non imos retroceder no camiño que iniciamos ata obter unha
satisfacción digna. As nosas reivindicacións son xustas e
razonábeis. Nunca é tarde para o ben das traballadoras e
traballadores públicos e para a prestación dos servizos básicos de
calidade para toda a cidadanía sen discriminación
Ningún comentario:
Publicar un comentario