Cada
vez son máis as empresas que, chegadas estas datas, adoptan o
chamado "horario de verán" ou xornada intensiva. Esa
formulación achéganos, aínda que só sexa durante os meses
estivais, aos horarios habituais dos países da Unión Europea. Dende
o 15 de xuño nalgúns casos, ou dende o 1 de xullo para os máis
rezagados, ás empresas éntralles un sufoco de europeidad e sentido
común que as leva a adoptar este horario que distribúe a xornada
laboral dun modo máis racional, eliminando a xornada de tarde a
cambio de adiantar a hora de entrada e atrasar a da saída para ir
comer.
Deste
xeito rómpese coa pauta horaria que as empresas do Estado seguen
durante o resto do ano, culpable entre outras cousas das
interminables xornadas de traballo que prexudican sistematicamente as
nosas horas de descanso e de lecer, para adoptar unha xornada
continua que concentra a nosa actividade profesional nun período
máis compacto e que deixa algo máis de espazo para a área persoal.
Esta
pequena conquista na batalla da conciliación e duns usos horarios
máis acordes cos nosos veciños europeos pódese ver ameazada pola
grave crise económica que sufrimos. Esta situación podería levar
ás empresas a engano, a resolver que o horario de verán queda
suspendido ata que a situación se resolva, e que coa que está a
caer o razoable é incrementar as horas de traballo e restrinxir as
medidas de conciliación dos traballadores en aras da produtividade.
Considero
que quen así razoen cometerán un grave erro. Hai datos que
demostran que a xornada de verán non só non supón unha diminución
de produtividade, senón que a incrementa, á vez que reduce os
gastos, entre outros, os enerxéticos. Ademais, para min o máis
importante é o capital humano, que sente máis atendido e, por iso,
máis satisfeito.
Está
demostrado que a motivación dos empregados é maior cando teñen
esta clase de horarios. As medidas de conciliación sempre repercuten
nunha mellora da produtividade. A fórmula é sinxela: os empregados
satisfeitos renden máis aínda que o número de horas que pasan na
oficina sexa menor. No Estado español faise necesario un cambio
importante e urxente: pasar da cultura da presenza á da eficiencia
buscando a excelencia.
É
por iso que desde a Comisión Nacional levamos loitando desde hai
xusto 11 anos para que os españois podamos gozar dunha vez por todas
duns horarios máis racionais, máis europeos.
Ignacio
Buqueras
Presidente
da Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios no Estado
español.
Fonte:
zommnews.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario