Seguridade
No verán moitos/as
traballadores/as realizan as súas tarefas no exterior. Ás elevadas
temperaturas, hai que engadir a acumulación de calor corporal xerado
na actividade física. A exposición á calor pode ter como
consecuencias erupción na pel, edema nas extremidades, queimaduras,
cambras musculares, deshidratación, agotamiento, ... e o golpe de
calor. Deixamos aquí uns consellos básicos para combater os efectos
da calor.
Para os/as
traballadores/as:
Bebe cada pouco tempo, se
pode ser auga fresca non fría, sen esperar a ter sede. Bebe antes,
durante e despois do traballo con exposición á calor.
Come lixeiro: ensaladas,
froitas, zumes; evita as bebidas alcohólicas, con cafeína e moi
azucaradas que favorecen a deshidratación; evita as comidas moi
calóricas e pesadas, que requiren mais enerxía para ser dixeridas
(máis calor corporal).
Emprega roupa fresca,
clara e amplia; intenta tapar a maior parte posible do corpo; emprega
cremas de protección solar e sombreiro ou gorra de tecidos
transpirables.
Para as empresas:
Facilita lugares de
descanso en ambientes frescos; incrementa o número de pausas de
recuperación.
Adapta os horarios sempre
que seña posible de xeito que se poida reducir o tempo de
exposición. Planifica as tarefas máis pesadas para as horas de
menos calor.
Evita a realización de
traballos en solitario.
Pon a disposición e
recomenda o consumo de auga, así como de cremas de protección
solar, gorras e roupa axeitada.
Informa sobre o protocolo
a seguir en caso de golpe de calor ou noutros problemas asociados ao
traballo con calor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario