Hai cousas que corren présa e outras que van paseniño, todo depende da importancia e o interese que o goberno municipal teña en que se tramiten.
Pouco tardaron en aprobaren as súas propias retribucións e mesmo menos en ampliar a partida de gastos dos concelleiros nun mínimo de 12 000 euros máis anuais ao engadirlle un concelleiro sen dedicación á Xunta de Goberno Local.
Mais cando se trata do convenio dos traballadores, acordado en Mesa Xeral de Negociación e aprobado en pleno hai xa varios meses a cousas cambia. A pesar de que no
pasado mes o concelleiro de Persoal indicou que o convenio se
enviaría, pouco despois tivemos novas de que non foi así e segue no
Concello e sen se tramitar.
Xa hai dous meses o
Comité instou ao Concello a que axilizase a súa tramitación mais o
goberno municipal vén facendo oídos xordos ao compromiso que
adquiriu cos traballadores laborais e que aprobou no último pleno da
pasada lexislatura. Entendemos que o Concello aforra cartos mentres
isto non siga para adiante mais lamentamos fondamente que demostre un
nulo interese en que saia para adiante o acordo ao que chegou cos
traballadores e traballadoras.
No caso de esta
situación continuar así o Comité de Empresa deberá valorar as
medidas que tomar para que o Concello dea o paso e non teña
secuestrado no Concello un texto que foi acordado cos traballadores e
aprobado polo pleno municipal.
O Comité
advertiulle ao Concello que considera grave que catro meses despois
da súa sinatura o Concello aínda non iniciase a tramitación do
convenio acordado e ratificado polo pleno e non enviase a
documentación pertinente aos organismos administrativos laborais
correpondentes posto que é o goberno municipal o encargado de levar
a cabo a tramitación e execución dos acordos tomados polo Pleno da
corporación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario