As
compañeiras de limpeza despedidas veñen de presentar nestes días
no Xulgado do Social da Coruña as demandas contra o Concello de
Betanzos á vista de que este non foi quen nin de dar resposta ás
reclamacións previas. As compañeiras solicitan a improcedencia dos
despedimentos que o Concello levou a cabo hai pouco máís dun mes.
Pola
contra, na reunión que a representación do Comité tivo co
concelleiro de Persoal, Diego Fernández López, no pasado mes de
xullo, este indicou que si que lles darían resposta e que era o
asesor xurídico do Concello o que estaba mirando o tema. O tempo
pasou e o tema, polo que se ve, tamén, e o prazo dun mes que se
entende como denegatorio ás reclamacións previas realizadas ante o
Concello obrigou ás compañeiras a presentaren ambas as demandas no
xulgado social.
É
significativo que a pesar do conflito existente en ningún momento o
Concello se puxese en contacto con elas en todo este tempo e non sexa
quen de atallar un outro problema que se lle vén eriba porque nun
mes comezará o colexio e o aulario non ten persoal de limpeza
precisamente porque foi el quen o despediu!
A
necesidade deses postos de traballo non só está xustificada pola
urxencia da creación das prazas ao inicio do pasado curso senón
porque logo do despedimento das compañeiras o Concello enviou aos
traballadres de limpeza do CEIP Francisco Vales Villamarín a cubrir
parcialmente o seu traballo, o que demostra claramente que a obra ou
servizo non finalizara, tal e como defende o Concello para as
despedir. A maiores, desde a CIG entendemos que a limpeza dun centro
de ensino é un servizo básico e esenciañ que non finaliza a non ser que o
centro peche, e para nada foi o caso, porque ata onde sabemos o
aulario segue e seguirá funcionando.
READMISIÓN
XA!!!!!!!!
NON AO DESMANTELAMENTO DO SERVIZO DE LIMPEZA
CONTRA A PRIVATIZACIÓN, SERVIZOS PÚBLICOS, SI GRAZAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario