Así o trasladou esta mañá na xuntanza convocada para presentar os orzamentos 2016 no relativo a empregados/as públicos/as
A
Área Pública da CIG defendeu, na Mesa Xeral do persoal da Xunta de
Galiza convocada este venres para tratar os aspectos referidos ao
Capítulo de Persoal da Administración Pública Galega nos
orzamentos para o ano 2016, a restitución de todos os dereitos dos
traballadores da administración pública galega.
Segundo
explicou ao seu remate María Carme López Santamariña, na Mesa
explicouse que os orzamentos para 2016 contemplan unha suba nas
retribucións do 1%. A este respecto, López Santamariña sinala que
para a Área Pública da CIG “é absolutamente insuficiente”,
tendo en conta que nestes anos as empregados e empregadas públicas
“levan perdido un 30% do seu poder adquisitivo”.
Unha
situación que a levou a concluír que “nin se roza a
recuperación”, porque ademais sen manteñen os recortes nas pagas
extra, que representan un 4% da súa masa salarial. A isto engadiu
que tampouco se fala da recuperación do 100% das retribucións en
situación de baixa; nin da restitución de xornada laboral en
distintos sectores; nin da recuperación dos acordos que había no
Sergas, nin do resto das cuestións recortadas.
A
respecto das pagas extra, na Mesa tamén se asegurou –e así se
consigna mediante unha partida orzamentaria- que se incluirá a
devolución do 49,73 restante da paga extra do ano 2012, aínda que
“non se especifica nin cando, nin como se efectivizará”,
matizou.
Tal
e como se adiantara na xuntanza de orzamentos celebrada na tarde de
onte, contémplase a transposición do RD Lei 10/2015 polo que se
inclúen dous días adicionais de permiso por asuntos propios ao
cumprir o sexto trienio, que se incrementará nun día adicional por
cada trienio cumprido a partir do oitavo. Porén, a Área Pública da
CIG denuncia que “non se contempla a reposición dos tres días que
tiña a Xunta de Galiza”.
A
Xunta anuncia ademais que haberá unha OPE para cubrir o 100% das
prazas de docentes, en hospitais e centros de saúde, fraude fiscal,
prevención de incendios, asesorías xurídicas, persoal de
universidades e dun 50% para o resto dos servizos.
Fronte
a isto a CIG demandou un plan de recuperación do emprego en todos os
servizos públicos considerando que esa cobertura prevista “non
chega a nada” porque “ese 100% non é o emprego público que se
destruíu en todos estes anos nos servizos públicos esenciais, senón
só a cobertura das vacantes que se produciran en 2015”.
Nula
vontade de negociación
Para
a Área Pública nesta xuntanza quedou constatada a falta de vontade
de negociación deste goberno, porque non se atendeu á batería de
demandas que levaban as/os representantes da CIG, nin as relativas a
garantir uns servizos públicos de calidade, nin para dotalos do
persoal necesario ou para recuperar os dereitos perdidos en
todo este período.
Neste
sentido, López Santamariña denunciou que máis unha vez chegaron á
xuntanza da Mesa sen documentación algunha e que cando manifestaron
a súa queixa por isto, “o Director Xeral de Función Pública
xustificou a súa ausencia dicindo que aquí facíase igual que en
Madrid”. Unha resposta que a portavoz da Área Pública lamentou
porque “até nin niso se desvían do guión ditado desde a
capital”.
Outra
das demandas que tampouco foi escoitada polos representantes da
administración foi a da derrogación do Decreto de Medidas Urxentes
no Emprego Público e con el todos os recortes laborais e sociais que
levan padecido as empregadas e empregados da administración pública
galega.
Por
iso a Área Pública da CIG considera que todos os anuncios que se
están a facer desde o executivo galego son pura propaganda de cara
ás vindeiras eleccións autonómicas que non van propiciar a
recuperación nin a recuperación duns servizos públicos de
calidade, nin frear o proceso de privatización emprendido polo PP,
nin permitir que melloren realmente as condicións laborais,
salariais e sociais do seu persoal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario