ITSS
O Ministerio de Emprego e
Seguridade Social está a levar a cabo un amplo plan de inspección
para comprobar as cotizacións sociais das empresas por accidentes de
traballo cunha aplicación da lei moito máis severa. As inspeccións
están a pecharse con reclamacións millonarias en moitos casos.
As cotas que se abonan para cubrir
as continxencias de accidentes de traballo calcúlanse atendendo a
unha tarifa que inclúe tipos de cotización diferentes en función
da actividade da empresa e da ocupación do traballador. Canto máis
risco ten a actividade, a cota á Seguridade Social para cubrir as
consecuencias dun accidente de traballo é maior. Así, o tipo máximo
é o 7,15% que se aplica aos mineiros, seguido do 6,70% para os
traballadores da construción. A cotización máis baixa é o 0,90%
aplicada á confección de pezas de vestir. Iso polo que se refire á
actividade da empresa, pero hai un segundo cadro de tarifas
subsidiario que se refire aos tipos aplicables a ocupacións e
situacións en todas as actividades. Neste último encádranse os
condutores de camións (cun tipo do 6,70%), o persoal de limpeza
(cota do 3,60%) ou o persoal de oficina (cun tipo do 1%).
E aquí é onde está a clave
deste plan de control do Ministerio de Emprego e Seguridade Social
que se está resolvendo con decenas de actas de inspección. Unha
empresa que estea encadrada nun sector de risco e, por tanto, soporte
un tipo de cotización elevado, normalmente conta con persoal de
oficina polo que cotiza só ao 1%. Este sistema, permitía que
determinado persoal dunha empresa dedicada a unha actividade de risco
cotizase por un tipo máis baixo ao realizar traballos de oficina. As
empresas, sinalan dende o Ministerio, aproveitaban para 'engordar' o
que encadraban dentro do persoal de oficina co fin de cotizar menos,
aínda que estritamente eses empregados non fosen oficinistas. Agora
a inspección vaia esixir que todos os traballadores dunha empresa
coticen por accidentes de traballo no epígrafe que corresponde á
empresa, independentemente do traballo que realicen dentro dela. Por
exemplo, unha empresa dedicada á enxeñería civil ten un tipo de
cotización do 6,70%, o que supón 5,7 puntos porcentuais máis que a
cota polo persoal adscrito a oficina, a aplicar sobre a base de
cotización.
Supoñendo unha empresa de 1.000
traballadores cun soldo medio de 2.500 euros que tivese á metade
cotizando como persoal de oficina e á outra metade como
traballadores de enxeñería, a nova interpretación da
Administración suponlle un acta de inspección de máis de tres
millóns e medio de euros -a revisión inclúe o últimos catro anos-
e, no futuro, ter que cotizar anualmente 900.000 euros máis (polos
cinco puntos máis de cotización cada mes nese medio milleiro de
traballadores).
Nesta nova actitude da Inspección
de Traballo inflúe por unha banda unha Sentenza da Audiencia
Provincial na que se estima o recurso da Tesourería da Seguridade
Social na que conclúe que debe aplicarse o tipo de cotización da
actividade da empresa (servizos técnicos de arquitectura e
inxeniería) e non o de persoal de oficiña, e por outra que no novo
sistema de liquidación electrónica de cotas da Seguridade Social
esíxese o convenio colectivo quedando así adscrito á actividade da
empresa.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario