O Servizo de Inspección de Familia e Menores da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia vén de responderlle ao Comité de Empresa con respecto á denuncia da Escola Infantil Municipal Santiago de la Fuente e indícalle o seguinte:
Con
data 29/10/2015 recibiuse por correo electrónico no Servizo de
Inspección de Familia e Menores escrito de reclamación relativo ao
centro de servizos
sociais “Escola Infantil Municipal Santiago de la Fuente” do Concello
de Betanzos, remitido por vostede en calidade de Presidenta do Comité de
Empresa do dito concello, no que expón a falla de cobertura das baixas
do persoal, tanto de longa coma de curta duración,
o que estaría redundando nunha excesiva carga de traballo para as traballadoras do centro, e a imposibilidade de cumprimento da rateo mínima de persoal.
Polo
exposto, tras xirar visita de inspección ao centro en data 04/11/15 e
unha vez realizadas as actuacións de comprobación e investigación
oportunas,
infórmaselle de que se ten constatado que en distintas franxas horarias
ao longo da xornada da escola estase a incumprir a ratio mínima de persoal, tal e como consta en acta núm. 3369/2015, na que se
fixo un requirimento ao concello para que leve a cabo as actuacións necesarias para a emenda das deficiencias observadas.
Finalmente,
compre indicarlle que por parte deste Servizo de Inspección faise un
seguimento continuo aos centros prestadores de servizos sociais a través
das oportunas inspeccións, ao obxecto de controlar o cumprimento dos
requisitos legalmente esixibles e a calidade asistencial procurando a
mellora continua na prestación dos servizos.
Unha vez recibida a resposta, a presidenta do Comité trasladoulla ás propias compañeiras do centro para que tivesen constancia de que a Inspección corrobora que hai un incumprimento da ratio legal e que a responsabilidade é do propio Concello, a quen a Inspección lle requiriu que leve a cabo as actuacións necesarias para a emenda das deficiencias observadas.
Logo desta resposta o Comité instará ao Concello para que dea cumprimento de inmediato ao requerimento da Inspección e solucione canto antes a problemática da Escola, ademais de que nun futuro faga previsión de cobertura das baixas en casos en que esta é posible, coma nos de baixa por maternidade, non solucionado a esta altura porque ao Concello lle veu en gana aforrar os cartos do persoal e descargar o traballo e a responsabilidade nas traballadoras restantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario