O Concello de Betanzos vén de publicar a convocatoria de axudas sociais correspondente ao ano 2015 logo de que o Comité solicitase nos pasados días que abrise os prazos para a solicitude.
Estas axudas comprenden o período de 01/01/2015 ata o 31/12/2015 e son beneficiarias delas os traballadores laborais e funcionarios que presten ou prestase servizos nese período na Administración. As axudas percibiranse proporcionalmente ao tempo traballado e deben corresponderse co período en que o/a traballador/a prestou servizos na Administración Local.
O prazo de solicitude indica que está aberto ata o 31 de decembro mais OLLO! Lembrade que o día 31 é non laborable no Concello por convenio. As axudas amén indica que se pagarán o primeiro trimestre do ano 2015, mais entendemos que, obviamente é do ano 2016.
Ningún comentario:
Publicar un comentario