Información para afiliados/as
A raíz de varias
sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) e de varios
xulgados, estes días está a ter repercusión mediática unha serie
de asuntos que afectan ao persoal que temporal ou interinamente
desempeña postos de traballo nas Administracións Públicas.
En primeiro lugar facer
constar que hai unha diferenza entre persoal laboral, por unha banda
e persoal funcionario interino ou estatutario, por outra. Compre
diferencialo porque no caso das indemnizacións por cese afectan ao
persoal laboral temporal, e pode, de aí que animemos a presentar
demandas, ao persoal funcionario interino.
E no caso da
indefinición, esta xa estaba contemplada na normativa laboral para o
persoal laboral pero non para o persoal funcionario interino, aínda
que polo que se desprende das sentenzas e polo seu resultado, sería
de escasa eficacia.
E a maiores de ter o foco
mediático onde non se distinguen ben as distintas situacións, outro
factor distorsionador como son as campañas dalgúns sindicatos para
captar afiliación prometendo “reclamar a fixeza”, a
“estabilidade no emprego” e “indemnizacións maiores que as que
corresponden”, levan a moitos compañeiros/as a facerse unha idea
errónea do que acontece.
Paso a paso:
1. INDEMNIZACIÓNS POR
CESE
Derivado dalgunhas
sentenzas do TXUE xurde a posibilidade de reclamar indemnizacións
por cese do contrato laboral ou do nomeamento interino.
Non sabemos aínda como
vai responder a Xustiza cando se comecen a presentar masivamente as
demandas, nin si vai haber cambios normativos cando haxa goberno,
polo que de entrada animamos a todo aquel persoal laboral temporal
que teña cesado na súa relación laboral a que consulte a
oportunidade de reclamar unha indemnización.
No caso do persoal
funcionario interino dicimos o mesmo, coa cautela de que no caso de
persoal laboral as indemnizacións están contempladas pero no caso
de persoal funcionario non existe indemnización por cese da relación
administrativa.
Somos partidarios de
explorar esta vía e por iso a nosa asesoría xurídica está a
disposición de todos/as os/as afiliados/as para levar isto adiante.
2. INDEFINICIÓN
Primeiro aclarar que
indefinición non significa fixeza como vemos que anda predicando
algún sindicato e que ser declarado indefinido nunha Administración
Pública ten os mesmos efectos que ser persoal temporal, ou por
equivalencia interino. Un traballador ou traballadora é indefinido
ata que a praza sexa cuberta polos procedementos regulamentarios de
provisión de postos (concurso de traslados ou toma de posesión de
persoal de novo ingreso).
O Estatuto Básico do
Empregado Público (EBEP) só marca unha excepción aplicable á
posibilidade de ter procesos de consolidación para os postos que
estean cubertos temporal ou interinamente dende antes de 1 de xaneiro
de 2005.
As prazas de persoal que
foi declarado indefinido con posterioridade a 2005 saen a concurso de
traslados e a tomas de posesión, polo tanto a garantía de
permanecer no posto e a mesma que a do persoal laboral temporal ou a
dos funcionarios interinos.
En relación a sentenza
do TXUE onde se declara a un traballador estatutario como indefinido
non fixo, e polo tanto sería aplicable ao persoal funcionario
interino, estamos no caso de encadeamentos de contrato para o mesmo
posto, máis propio do persoal estatutario do SERGAS que da
Administración da Xunta de Galiza, onde non se dan estes casos senón
interinidades en prazas vacantes ou substitucións, e só no
caso de acúmulos de tarefas que excedan o establecido legalmente se
podería dar.
Tamén neste caso a nosa
asesoría está a disposición de todos/as os/as afiliados/as para
estudar cada caso e ver as posibilidades de reclamación.
Máis info en www.autonomica.cigadmon.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario