Desde o ano 2011 o Comité de Empresa puxo de manifesto en mil ocasións e de mil xeitos diferentes a necesidade de lle dar unha volta a unhas normas de concesión de axudas sociais desactualizadísimas e con quince anos xa ás costas (son do ano 2001). Para iso non só llo manifestou continuamente verbalmente e por escrito ao concelleiro de Persoal desde aquel momento, Diego Fernández, senón que tamén nas Mesas Xerais de Negociación, transmitiu propostas de documentos por rexistro e mesmo lle achegou, por indicación do propio concelleiro, toda a información do proceso de (non) negociación deste tema a Galivalia, a empresa coa que o goberno municipal malgastou 21 000 euros na pasada lexislatura e que seica tamén ía colaborar no proceso relacionado con estas bases.
A RESPOSTA DE DIEGO FERNÁNDEZ SEMPRE FOI UNHA, NON HAI NINGÚN PROBLEMA E NOS IMOS POÑER CON ISTO, OS FEITOS TAMÉN FORON CLAROS UNHA PASIVIDADE TOTAL DIANTE DUN SISTEMA QUE TRATA POR IGUAL A TODO O PERSOALQUE EN REALIDADE É DESIGUAL E NON TEN EN CONTA PARA NADA CRITERIOS SOCIAIS, TAL E COMO PREDICA O PROPIO TÍTULO DESTAS AXUDAS.
Mentres tanto, as bases de axudas sociais de 2001 seguen vixentes, repártense en igualdade de condicións para laborais e funcionarios independentemente de criterios sociais e afondan nas desigualdades existentes entre o propio persoal. A pregunta é clara, SE NON HAI NINGÚN NINGÚN PROBLEMA PORQUÉ NON SE SOLUCIONOU DESDE 2011 QUE LEVAMOS A VOLTAS CO TEMA? A resposta tamén é clara PORQUE AO GOBERNO MUNICIPAL LLE DEBE INTERESAR CLARAMENTE UN TRATO IGUAL ANTE SITUACIÓNS DESIGUAIS E QUE REDUNDA NAS DISCRIMINACIÓNS.
No fondo todo o sistema deste Concello baséase nas desigualdades e mentres o goberno non as atalle seguirá demostrando que cre cegamente nelas. O Comité de Empresa, mentres tanto, seguirá solicitando un sistema máis xusto e unhas axudas verdadeiramente sociais.
Atrás quedan os atrasos no pagamento destas axudas, o non pagamento das axudas ao persoal subvencionado e os múltiples problemas na súa tramitación, mais aínda quedan moitos pasos adiante que o goberno municipal teima en non dar, mesmo despois de acordos plenarios nos que votou a favor de resolver esta cuestión (o colmo da hipocrisía!), porque non só é necesaria unha revisión e actualización das axudas para adecuarse a criterios sociais e que recaian en maior medida nos traballadores e traballadoras que máis o necesitan tamén o é unha maior transparencia en todo o proceso e a propia publicación da concesión, que ben se pode facer sen infrinxir a Lei orgánica de protección de datos e en aras de manter espírito da Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario