Segundo
o VII Estudo CinfaSalud: "Percepción e hábitos da poboación
española en torno á estrés", un de cada dous españois que
sofre estrés pola súa relación cos seus superiores desenvolve
algún tipo de enfermidade física ou problemas psíquicos ou
emocionais. Asímismo, a metade da poboación (50,8%) afirma que a
estrés laboral en xeral, ocasionou algún prexuízo grave
relacionado algunha enfermidade física ou problemas psíquicos ou
emocionais (35,6%) ou de concentración e rendemento (26%).
|
Nove
de cada dez (96,0%) sentiron estrés no último ano e catro de cada
dez (42,1%), fixérono de maneira frecuente ou continuada. Por sexos,
a muller percibe en xeral un maior nivel de estrés que o home, pois
unha de cada dúas (48,7%) declara sentirse tensa frecuente ou
continuamente, fronte a un de cada tres homes (31,5%). Por idades, os
menores de 45 anos presentan un maior grao de estrés e en canto a
ocupación, os estudantes son quen máis indican sufrir estrés de
maneira frecuente ou continua (55,6%), seguidos das persoas en busca
do seu primeiro emprego (50,7%), e en terceiro lugar, dos
traballadores tanto por conta allea como propia (41,4% en ambos os
casos).
O
exceso de actividade ou a falta de tempo (50,9%) e os problemas de
cansazo e soño (46,2%) son as causas máis frecuentes de estrés
entre a poboación. Ademais, dentro dos factores de "gran
importancia", a enfermidade propia ou dun familiar (41,4%)
constitúe a causa de estrés máis frecuente, mentres que os
problemas laborais (43,2%) son os que máis a miúdo estresan dentro
dos catalogados como factores de estrés crónico.
Como
revela a investigación de Cinfa, os síntomas que máis a miúdo
afectan os españois que sofren estrés son a irritabilidade (46,8%),
a ansiedade (39,5%) e o insomnio (38,0%), seguidos das dores de
cabeza e musculares (32,2%) e a fatiga física (29,9%).
Segundo
o estudo, as medidas para evitar ou aliviar a estrés ás que máis a
miúdo recorren os enquisados son conversar cos amigos ou coa familia
(43,9%), aceptar a causa da estrés e tentar que non lles afecte
tanto (40,0%) e practicar deporte (38,1%). Por sexos, as mulleres
recorren máis aos apoios sociais da contorna e os homes priorizan en
exercicio físico. Cabe destacar que só o 4,4% de enquisados recorre
a axuda profesional.
Máis información en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario