A CIG advertiu xa hai unhas semanas dun posible erro no pagamento das horas extraordinarias do persoal laboral pola non suba do 1% nas contías á vez que se actualizou o resto da nómina o pasado mes. Logo de facer a consulta en persoal, informaron que nin sequera se actualizara a contía no 1% correspondente a 2016 no momento de entrada en vigor do Convenio colectivo e que si que se produciu a actualización no resto dos conceptos.
Logo de manifestarllo verbalmente ao concelleiro de Persoal rexistramos a través do Comité de Empresa, o órgano co que se negociou o convenio colectivo, unha solicitude onde pedimos o seguinte:
PRIMEIRO. Que o
Concello de Betanzos actualice as contías recollidas no anexo I do
Convenio colectivo do persoal laboral no relativo á suba do 1% dos
orzamentos estatais dos anos 2016 e 2017 na contía das horas
extraordinarias.
SEGUNDO. Que o
Concello de Betanzos realice o pagamento dos atrasos correspondentes
á suba do 1% reflectida nos orzamentos estatais do ano 2017 da
nómina desde o mes de xaneiro e restantes pendente e, así mesmo, os
atrasos correspondentes á devandita suba correspondente ao
mencionado no primeiro punto das horas extraordinarias do persoal
laboral xa pagadas.
TERCEIRO.
Que o Concello de Betanzos realice todas as xestións oportunas de
cara a solucionar a problemática mencionada que podería incidir
nunha discriminación entre o persoal laboral e funcionario no
relacionado coa suba do 1% nas horas extraordinarias do persoal
laboral e as gratificacións do persoal funcionario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario