O xoves 14 tivo lugar a primeira reunión de negociación dunha nova Relación de Postos de Traballo cunha proposta que amortiza, crea, reconverte e mantén diversos postos de traballo.
Polo momento, e tendo en conta a orde do día da reunión do pasado xoves chegouse a un único acordo que foi manter os postos actuais de funcionarios como tal e crear os postos de todo o persoal laboral (os xa existentes na RPT, os que teñen sentenza de indefinición e os que están en fraude sen sentenza) como de persoal laboral fixo para un futuro proceso consolidación. Da reunión tamén saiu un compromiso de adscrición provisional dos postos de persoal laboral cunha sentenza de indefinición e fica pendente unha consulta da posibilidade de adscrición provisional do persoal con contratos de interinidade.
Por outro lado, iniciouse a negociación (aínda que pouca houbo) sobre as titulacións e grupos dos distintos postos de traballo que finalizará o vindeiro xoves. A premisa inicial desta Relación de Postos de Traballo é que non ten en conta a situación inicial contractual do persoal laboral nin a actual Relación de Postos de Traballo e o resultado final é un documento que a empresa propón como ideal mais cuxas modificacións lle afectarán principalmente ao persoal laboral, único colectivo que non ten consolidados os dereitos por ser temporal. Na práctica a defensa do Concello da baixada de grupos para un posto dun funcionario, múltiples postos de persoal laboral e a subida para outros postos de persoal laboral, suporá que no momento da consolidación os traballadores laborais (que nalgún caso levan trinta anos cun contrato por obra ou servizo) terán que acceder a unha consolidación do posto para un de inferior grupo e nivel ou nalgún outro caso de superior grupo e nivel.
A CIG manifestoulle o seu acordo coa adecuación dos titulados de FP ao recollido no EBEP e que supón a suba de grupo para 12 prazas do persoal laboral, mais o seu desacordo coa baixada de grupo de 29 prazas, ben pola exixencia dunha titulación diferente á que se lle requiriu ao persoal que actualmente ocupa o posto, ben pola baixada xeneralizada de todo o persoal laboral que está no grupo 1 a grupo 2 ou de todos os postos de oficios a grupo V. A casuística é moi diversa, posto que no medio deste proceso confluíron problemas derivados dunha mala xestión dos contratos no departamento de Persoal que historicamente realizou a adscrición a determinados grupos a persoal sen a titulación requirida, mais o que está claro é que o goberno municipal quere facer "borrón e conta nova" e non ter en conta a situación de parte do persoal laboral deste Concello que traballa nel desde hai décadas baixo a premisa de que o persoal laboral temporal non ten ningún dereito sobre os postos existentes e poden crear uns novos segundo os criterios que eles consideren. O Concello mantén un criterio de asignación dos postos que defende e ignora que a aplicación dese criterio pode ter consecuencias negativas para algúns dos traballadores laborais que actualmente ocupan eses postos.
Na próxima reunión finalizarase co encadramento dos postos nos diferentes grupos e continuarase coa negociación do complemento de destino, que na proposta entregada polo Concello mantén a diferenciación de niveis entre o persoal laboral e o persoal funcionario sen ningún criterio obxectivo. Na memoria fala dun criterio para a asignación do nivel que na práctica só lle aplica aos postos encadrados como de funcionarios/as.

Ningún comentario:
Publicar un comentario