Mañá, 14 de decembro de 2017 comeza a negociación da nova Relación de Postos de Traballo nunha reunión na que os sindicatos (CIG, CSIF, UGT e CCOO) contan co 50% do voto e o goberno municipal co outro 50%. Tamén estará presente a empresa contratada polo Concello para a elaboración da RPT, entendemos, segundo o falado na reunión da pasada semana, que con voz mais sen voto.
A CIG ten xa unha postura definida con respecto aos aspectos que se tratarán na reunión de mañá, non obstante, cómpre lembrar que cada sindicato terá unha porcentaxe de voto en función da representatividade acadada nas eleccións sindicais. Se ben é certo que ata a chegada da CIG a este Concello non existían nin sequera as Mesas Xerais de Negociación como tal, ou polo menos o Concello nunha achegou unha acta da súa constitución delas previa a termos representación, no momento actual hai que ter en conta que os sindicatos que levaban anos participando do xogo das negociacións individuais, por traballadores, nos despachos e a porta pechada tamén forman parte desta negociación que agora será a porta aberta mais que podería dar lugar igualmente a unha Relación de Postos de Traballo con diversas eivas e discriminacións, tendo en conta que a propia proposta do goberno municipal xa é discriminatoria para o persoal laboral nalgúns aspectos e que o apoio a algunhas das propostas do goberno por parte dalgún sindicato podería dar lugar á pervivencia de diferenzas entre laborais e funcionarios.
Na sesión de mañá trataranse, en concreto, os seguintes aspectos:
Sesión 2. Relación laboral e estrutura retributiva básica
1. Relación laboral dos Postos de Traballo
Neste apartado débese discutir os postos que deben ser funcionarios e cales deben ser persoal laboral.
2. Retribucións básicas e complemento de destino
O obxectivo é determinar os criterios a usar para a determinación dos grupos e do complemento de destino dos postos de traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario