08/03/18

O Comité de Empresa solicita unha reunión co concelleiro de Persoal

Son demasiados os temas sen resolver ao longo de todos estes meses que se iniciaron as negociación da RPT. Parte do convenio colectivo aínda está pendente de aplicación e son moitos os problemas derivados da inactividade do Departamento de Persoal para a súa aplicación na totalidade. Por este motivo, o Comité de Empresa solicitou unha reunión co concelleiro de Persoal para tratar os seguintes temas:
  • Novo regulamento de axudas sociais.
  • Aplicación efectiva dos acordos da Comisión Paritaria do 18 de xullo.
  • Suba do 1% (2016) e 1% (2017) na contía das horas extraordinarias do persoal laboral pendente.
  • Información sobre o sistema de control de presenza no traballo e negociación de horarios.
  • Problemas co pagamento das horas extraordinarias do persoal laboral.
  • Creación da Comisión de Igualdade e elaboración do Plan de Igualdade.
  • Convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde, plans de emerxencia dos edificios municipais e revisións médicas.
  • Solicitudes do persoal pendentes de resposta e reclamacións de indefinición.
  • Cobertura de permisos e vacacións e na Escola Infantil Municipal.


O concelleiro respondeu por escrito e a reunión terá lugar o martes 13 de marzo ás 13:30 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario