SENTENZA
A Audiencia Provincial de Murcia
desestimou o recurso dun traballador dunha fábrica de conservas
contra o Auto dun Xulgado de Instrución que arquivou a denuncia que
presentara contra a mesma tras un accidente, pois se considera que o
mesmo se produciu por un exceso de celo.
O auto da Audiencia indica que o suceso
se produciu cando o denunciante, en contra das indicacións que tiña,
tentou desatascar unhas ventosas e sufriu o atrapamiento da man, con
perda de varios dedos.
O denunciante asegurou que os feitos
eran constitutivos dun delito contra os dereitos dos traballadores,
pero o Xulgado ao que correspondeu a súa reclamación acordou o
sobresemento das actuacións ao considerar que os mesmos non eran
constitutivos de ningún ilícito penal.
Aquel recorreu a medida a través do
recurso de apelación no que se queixou de que o Xulgado acordase o
arquivo sen practicar as probas precisas para o esclarecemento dos
feitos, polo que consideraba que a decisión era precipitada.
A Sala considera acertado o
sobresemento acordado polo Xulgado de Instrución trala práctica de
varias dilixencias; así, prestaron declaración durante a
tramitación da causa a responsable da formación sobre prevención
de riscos laborais ofrecida ao traballador, e o representante legal
da empresa, que manifestou que o demandante non estaba autorizado
para realizar funcións de mecánico, e que no seu momento quedara
advertido diso. Tamén declarou un compañeiro de traballo do
accidentado, que asegurou que presenciou como a xefa de quenda
indicaba ao traballador que non tocase nada e que esperase á chegada
do mecanico cando este lle dixo que se atascara unha ventosa.
A Sala da Audiencia, ao desestimar a
súa apelación, sinala que o ocorrido hai que situalo nun exceso de
celo, ao non constar que o traballador recibise ningunha orde expresa
de solucionar o atasco nin que a empresa o consentise.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario