Segundo unha sentenza do Tribunal
Supremo, a morte tras sufrir un infarto mentras se entrena no
ximnasio, pode ser considerado accidente laboral no caso de que os
síntomas teñan orixe no traballo.
A sentenza refírese ao caso dun home,
que traballaba en Vigo como abogado para unha empresa pesqueira,
falecido a consecuencia dunha cardiopatía isquémica en maio do 2009
mentras facía deporte no ximnasio. O traballador tiña diagnosticado
un problema cardíaco.
Nun principio o ISM cualificou a morte
como unha continxencia común, cualificación que foi recurrida pola
viúva, que alegou que se trataba dun accidente laboral ante o
Xulgado do Social de Vigo e posteriormente ante o Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia; ambos rexeitaron esta posiblidade.
Agora a Sala do Social do Supremo dalle
a razón indicando que aínda que a morte tivera lugar fÓra do
traballo, realizando unha actividade de ocio que podería estar
contraindicada para os síntomas dun infarto, Iso non quere decir que
o infarto non tivera a súa orixe no ámbito profesional.
Segundo sinala a sentenza “Repútase
accidente laboral a enfermidade xurdida no tempo e lugar de traballo,
e esa presunción non se destrúe polo simple feito de padecer
molestias en momentos ou datas anteriores ao infarto”, e lembra que
se ben o abogado morreu cando xa concluíra a súa xornada matinal de
traballo, os primeiros síntomas apareceron precisamente mentres se
desenvolvía o mesmo; o traballador estaba a tramitar unha operación
de compra-venda dun buque para a súa empresa, e empezou a atoparse
mal na notaría onde acudiu a formalizala e posteriormente nas
oficinas da súa empresa, declarando os seus compañeiros que o viron
“pálido e suorento”, e que lle recomendaron acudir ao ximnasio
para que tentara recuperarse.
“Estamos ante un suposto de doenza
arrastrada, que naceu con carácter profesional porque se detecta en
lugar e tempo laborais”, conclúe o fallo.
Fonte: elperiodico.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario