07/05/18

O Concello de Betanzos dálle tacitamente a razón á CIG coa convocatoria pública de varios postos de apoio a eventos no verán

Logo de moitos anos acudindo á Inspección de Traballo pola contratación de persoal a través de empresas para o apoio a eventos e que traballaban nas oficinas municipais da Casa do Concello, o Concello recúa e publica unha convocatoria para varios contratos con esta finalidade e con tarefas similares ás que anos anteriores realizaban traballadores sen contrato do Concello mais que tiñan despacho nas oficinas municipais.

Facemos un pequeno repaso do que foi este tema nestes anos pasados até chegar á situación actual:

Nova denuncia na Inspección de Traballo por un posible caso de cesión ilegal de traballadores


Agora só queda QUE O GOBERNO MUNICIPAL SEXA COHERENTE COA POLÍTICA DE CONTRATACIÓN E NON DEIXE MORRER OS SERVIZOS BÁSICOS COMO LIMPEZA, XARDINARÍA OU OBRAS PARA LOGO PRIVATIZALOS E QUE CONTRATE EMPREGADOS/AS PÚBLICOS/AS TANTO PARA AS FESTAS COMO PARA OS SERVIZOS BÁSICOS, PORQUE O PÚBLICO É SERVIZO E O PRIVADO É BENEFICIO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario