07/05/19

11 de xuño ELECCIÓNS SINDICAIS DO PERSOAL LABORAL

Hoxe constituíronse as mesas das eleccións sindicais do persoal laboral do Concello de Betanzos. As eleccións sindicais para a elección dos representantes dos traballadores laborais que constituirán o próximo Comité de Empresa terán lugar O VINDEIRO 11 DE XUÑO ENTRE AS 09:00 H E AS 14:00 H NO SALÓN AZUL DO EDIFICIO LICEO.

A reunión de constitución das mesas do persoal laboral asistiron os sindicados CIG, UGT, CSIF e CCOO. Queda claro, pois, que os sindicatos que defenden na Mesa Xeral de Negociación do Concello de Betanzos que o persoal laboral debe cobrar menos que o funcionariado polo mesmo traballo, agora están interesado no proceso das eleccións sindicais do persoal laboral.

Constituíronse dous colexios:

COLEXIO PERSOAL TÉCNICO E ADMINISTRATIVO
COLEXIO PERSOAL ESPECIALISTA E NON CUALIFICADO

No primeiro colexio hai un censo inicial de 45 traballadores/as, no segundo colexio hai un censo inicial de 60 traballadores/as. En función do número de traballadores/as censados/as escóllense o número de representantes de cada colexio.

O censo provisional de electores dos dous colexios exporase desde mañá en todos os centros de traballo. O prazo para resolver as incidencias ou reclamacións é de tres días, e estas serán resoltas polas mesas o 14/05/2019. O día 15 publicarase o censo definitivo. O día 16 a Mesa determinará o número de membros do Comité de Empresa que se terán que escoller e logo abrirase o prazo de presentación de candidaturas. Unha vez proclamadas as candidaturas e resoltas as reclamacións farase a proclamación de candidatos/a e comezará a campaña. O día 11 realizarase a votación e o escrutinio.

RECLAMACIÓNS AO CENSO

Se algún/ha traballador/a coida que ten que facer algún tipo de reclamación ao censo provisional poderá facela desde mañá polo Rexistro xeral do Concello, que se habilitou para realizar todas as xestións relacionadas coas eleccións sindicais do persoal laboral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario