No ano 2016, a Enquisa Anual Laboral
(EAL) realizada polo Ministerio de Traballo revelou que só un 34,4%
das empresas españolas investigaba os accidentes laborais. Isto é,
que o 65,6% das empresas non cumpren coa súa obriga legal de
investigar os accidentes. Se temos en conta que os accidentes non
investigados rondan o 60%, isto supón que uns 300.000 accidentes de
traballo quedan anualmente sen investigar, sen que isto conleve
ningún tipo de sanción para a infinita maioría das empresas que
non cumpren coa legalidade nesta materia.
O sumario do número 32 do Boletín CIG
Saúde Laboral conta con dous artigos dentro do epígrafe
Información: "A exposición a substancias nocivas para a saúde
nos centros de traballo", e "O rexistro da xornada de
traballo: un dispositivo de protección fronte ao abuso laboral".
Dous artigos máis, un baixo a
cabeceira de Documento - Análise, "Informe sobre a desigualdade
Global (World Inequality Lab)" e outro "Máis da metade das
empresas non investigan os accidentes de traballo, a pesares de ser
legalmente obrigatorio" , baixo o epígrafe Sabías que...?,
completan este número.
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 32
pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo
á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O
Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato
dixital.
Ningún comentario:
Publicar un comentario