07/05/19

Avaliacións de riscos laborais dos distintos edificios municipais

O Concello vén de lle facilitar aos delegados de prevención de riscos as avaliacións de riscos laborais dos distintos edificios municipais. Esta traballo realizouse logo de múltiples solicitudes e varias denuncias da CIG na Inspección de Traballo por este e outros temas.

O Concello debe dar conta agora no Comité de Seguridade e Saúde dos documentos e achegarlle unha copia a todos os edificios municipais. O persoal debe coñecer as avaliacións de riscos do edificio no que traballa e do seu posto de traballo, e no caso de que observe algunha deficiencia ou inexactitude poderá comunicarlla, ben ao Concello, ben aos delegados de prevención, que o trasladarían na próxima reunión do Comité de Seguridade e Saúde.

Desde a CIG alegrámonos que logo de tantos anos e ter que acudir en tantas ocasións á Inspección de Traballo a denunciar as carencias en materia de seguridade e saúde laboral, o Concello conte coas avaliacións de riscos dos seguintes edificios:

Instalacións de Protección Civil
Parque do Pasatempo
Centro de Formación Ocupacional
Escola Infantil Municipal
Complexo San Francisco (Conservatorio/Escola Folclore)
Complexo San Domingos (Biblioteca/OMIX/Cemit)
Biblioteca Municipal
Escolas Irmáns García Naveira
Instalacións da Policía Local
Edificio Arquivo
Casa do Concello

Non obstante, agora cómpre revisar a documentación e agardar que o Concello tome as medidas correctoras oportunas indicadas polas distintas avaliacións. Así mesmo, faltan, tal e como xa lle dixemos ao Concello en varias ocasións outros centros de traballo que non se inclúen mais nos que traballa persoal municipal:

Cemiterio Municipal
Matadoiro Municipal
Embarcación Diana Cazadora

Tamén faltan as avaliacións dos postos das auxiliares de axuda no fogar.

As avaliacións de riscos deben estar a disposición do persoal dos distintos centros de traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario