|
O tres por cento das mortes ao ano no Estado español
atribúense á contaminación. Uns sete millóns de persoas se se
fala a nivel mundial. Con todo, "a mortalidade é só a punta
do iceberg" deste problema, tal e como se apunta dende o
Departamento de Epidemioloxía e Estatística da Escola Nacional
de Sanidade - Instituto Carlos III de Madrid.
|
No transcurso dunha Xornada Informativa
organizada pola Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía
Torácica (Separ) coa colaboración da Asociación de Informadores de
Saúde (ANIS) e da Asociación de Xornalistas de Información
Ambiental (APIA) tratouse a contaminación ambiental como un problema
de saúde, que debe ser atallado polos sanitarios, pero tamén polos
políticos, capaces de crear medidas efectivas fronte a ela e dos
profesionais da información, encargados de axudar na
sensibilización.
"Os neumólogos estamos a falar
dun novo enfermo respiratorio: o planeta. Deunos todo o que tiña
para alcanzar ese estado de benestar. E é por iso polo que estamos a
enfermar agora ao planeta", asegurou a coordinadora da área de
Enfermidades Respiratorias Ocupacionais e Ambientais de Separ.
E dentro da problemática, existen
poboacións de risco: as persoas maiores e a poboación infantil. "A
contaminación ambiental provoca aproximadamente 600.000 mortes ao
ano en nenos menores de 5 anos. En 2012, o 26 por cento da
mortalidade infantil podería previrse coa redución de riscos
ambientais”. Así mesmo, apuntou que os nenos que viven en cidades
contaminadas teñen unhas catro veces máis probabilidade de ter unha
función pulmonar máis baixa.
Nesta Xornada tamén se falou do ruído:
"O ruído é un contaminante de primeira orde cun impacto en
saúde respiratoria, cardiovascular, diabetes ou neurolóxica".
Ademais, está detrás de 1.700 nacementos con baixo peso ao nacer
(un 13% do total) e dun 17% dos nenos que nacen prematuros. "E
desprezámolo na sensibilización á poboación e en plans e
impactos".
"Os efectos da contaminación
empezan a facer dano dende o embarazo ao feto. Afecta á placenta e
fai que os nenos nazan con baixo peso, con afectación do sistema
inmune ou a diminución da función pulmonar",
Pero os danos que provoca a
contaminación acompañan ao longo da vida, sobre todo os causados
polos óxidos de nitróxeno (provocan aproximadamente unhas 6.000
mortes ao ano no Estado), as partículas en suspensión (2.600 mortes
anuais), e o ozono troposférico (500).
Un adulto medio respira máis de 15
metros cúbicos de aire ao día. Os contaminantes, aínda que a miúdo
sexan invisibles, poden ter efectos moi graves, como "a
irritación das vías respiratorias, a disnea ou dificultade para
respirar e unha maior probabilidade de sufrir un ataque de asma.
Ademais, sábese que é un carcinóxeno de primeira orde".
A contaminación non só ten
repercusións na saúde. Tal e como explicou Urrutia, no ano 2013
estimouse que os custos relacionados coa saúde por mor da
contaminación na Unión Europea oscilaron entre os 300.000 e 940.000
millóns de euros.
Ademais, o impacto económico das
mortes e enfermidades relacionadas supoñen ao redor do 0,5% do PIB
(e un 1,7% do gasto sanitario), mentres que a nivel global o custo
económico das enfermidades relacionadas coa contaminación ascende a
3,7 billóns de euros ao ano (6,2% da riqueza do planeta).
"A contaminación ambiental é un
grave problema dende o punto de vista da saúde e económico, que
require solucións políticas", apuntou pola súa banda o
presidente de Separ.
Para explicar o que se pode facer dende
a política estiveron Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de
Pontevedra, e Alfonso Gil Invernón, tenente de alcalde e concelleiro
de Movilidad e Sustentabilidade do Concello de Bilbao. Ambos contaron
a experiencia das súas dúas cidades ata diminuír a contaminación
grazas a programas de mobilidade e de redución de coches. Porque,
tal e como dixeron, "mellorar a calidade de vida é o primeiro".
Os coches, despois.
Fonte: Redacción Médica
Ningún comentario:
Publicar un comentario