Este documento forma parte dun conxunto
de Ferramentas de apoio destinadas a facilitar a realización de
plans de igualdade en empresas, entidades públicas, sindicatos,
etc.; estes documentos compleméntanse con outro tipo de ferramentas
para a implantación de medidas de igualdade concretas, nas que se
inclúen instrucións que permitan saber como e cando debe empregarse
cada ferramenta.
Non existe unha política preventiva
específica de riscos laborais desagregada por sexos dende o
punto de vista do marco legal vixente. As únicas medidas preventivas
existentes refírense á capacidade reprodutiva ou ao propio estado
biolóxico do embarazo, como estado temporal ou transitorio que
merece unha protección específica no marco das obrigacións
preventivas que impón á empresa a lexislación sobre seguridade e
saúde no traballo.
Pola contra, descoñécese por completo
toda protección específica en primeiro lugar dos factores ligados a
elementos externos ao traballo pero que interactúan con este para
potenciar ou multiplicar o risco, e en segundo lugar, dun risco que
aparece como emerxente, a pesar de ser consustancial á
historia do traballo da muller, as relacionadas co seu dobre rol ou
traballo fóra e dentro do ámbito doméstico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario