Lembra que a vindeira semana comeza o horario de verán, que vén recollido no artigo 22 do convenio colectivo do seguinte xeito:
Durante o período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos incluídos, establecerase unha xornada reducida de traballo dunha hora diaria, con carácter xeral ao final da xornada fixada no apartado 2.º do presente artigo.
Cando polas características do servizo ou do posto de traballo, non sexa posible a redución no período indicado o tempo de redución, que se incrementará nun 50%, desfrutarase noutro período e do xeito indicado no parágrafo anterior.
Do mesmo xeito, o persoal que preste os seus servizos a tempo parcial o tempo de redución será proporcional á xornada
que veñan cumprindo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario