As
persoas que formamos a candidatura da CIG nestas eleccións sindicais
adquirimos de antemán o compromiso de defender con firmeza nas Mesas
de Negociación acordos colectivos únicos para persoal laboral e
funcionario (fixo e temporal), sobre a base da homologación e non
discriminación nas condicións de traballo, que recollan as
seguintes reivindicacións:
PREVENCIÓN
DE RISCOS LABORAIS
- Aplicación da Lei de prevención de riscos laborais.
- Implantación dos plans de prevención de riscos laborais de todos os centros de traballo. Avaliación de riscos laborais e psicosociais para a totalidade dos edificios municipais e dos postos de traballo.
- Revisións médicas específicas adaptadas aos distintos postos de traballo.
- Plans de coordinación de actividades empresariais nos centros onde hai concorrencia de traballadores de diferentes administracións e empresas.
- Aprobación dun protocolo contra o acoso laboral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario