| RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2019 | |
| COLEXIO TÉCNICOS/AS E ADMINISTRATIVOS | |
| CSIF | 14 votos |
| CIG | 13 votos |
| UGT | 7 votos |
| NULOS | 2 votos |
| DELEGADOS/AS | |
| CSIF | 2 |
| CIG | 1 |
| UGT | 1 |
| RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2019 | |
| COLEXIO ESPECIALISTAS E NON CUALIFICADOS | |
| CIG | 24 votos |
CSIF
|
15 votos
|
| UGT | 6 votos |
| NULOS | 4 votos |
| BRANCO | 1 votos |
DELEGADOS/AS
|
|
| CIG | 2 |
| CSIF | 2 |
| UGT | 1 |
A CIG foi o sindicato máis votado polo persoal laboral, mais o reparto dos delegados do persoal especialista tivo como criterio a antigüidade, motivo polo que non saiu escollido o terceiro delegado deste colexio da CIG. Varios dos votos nulos tamén eran para a CIG, mais levaban a papeleta do colexio incorrecto. No colexio de persoal técnico e administrativo tivo a maioría o CSIF por un voto.
Desde a CIG agradecemos inmensamente o voto de todos os compañeiros e compañeiras que depositaron en nós a súa confianza e polos que seguiremos traballando estes catro anos os delegados escollidos: Rosa García, Jorge Amarante e Silvia Muíño. Non obstante, entendemos que o persoal escolleu estar representado por un sindicato de funcionarios e deulle o apoio a un cheque en branco xa que o CSIF se presentou ás eleccións sen un programa de traballo para os próximos catro anos.
A CIG seguirá traballando tanto no Comité de Empresa como nas Mesas de Negociación cos principios do programa de traballo co que se presentou ás eleccións sindicais e baixo a premisa da eliminación das desigualdades entre o persoal laboral e o funcionariado.
A Mesa Xeral de Negociación, logo de que o CSIF acadase tres delegados nas eleccións dos funcionarios da pasada semana, terá unha ampla maioría do sindicato dos funcionarios, agora con representación en persoal laboral, que lle permitirá seguir adiante coa RPT discriminatoria, e mesmo con ata tres delegados do CSIF que son da mesma familia e que agora formarán parte da Mesa de Negociación. Non obstante, a CIG, ao igual que ten feito estes anos, e independentemente de gobernos hostís ao persoal, familias que gobernan e intereses de traballadores concretos en detrimento dos restantes, continuará coa súa liña de traballo e cos reclamacións oportunas onde proceda cando o goberno pretenda levar adiante acordos en contra dos intereses dos traballadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario